Archivo diario: 06/07/2022

NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES 06/07/2022‼️

SUBSTITUCIÓNSPublicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision

🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.

🔴 Modelo de solicitude: Anexo II.⤵️⤵️

ANEXO 2

👉 Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

👉 Mentres non se habilite a opción de solicitude á través de OPAX , ou en caso de fallo acreditado do sistema, as solicitudes faranse conforme ao anexo II, e se for o caso a documentación ou alegacións, deberán presentarse na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal/) mediante o modelo ou solicitude xenérica co código PR004A

🔴 As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.

👉 O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

👉 Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

🔴 Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

▪️ Adxuntamos arquivo coas SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS. ⤵️⤵️

Nova convocatoria substitucións 6/7/2022

ADXUDICACIÓNS DAS SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS O PASADO 27 DE XUÑO

No día de hoxe saiu publicada a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas en data 27/06/2022

 A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución.

Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.

O posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo, salvo causa xustificada, pola persoa adxudicataria da substitución, mesmo con interrupción, de ser o caso, do desfrute de vacacións, lidenzas ou permisos, que en todo caso terán que ser informados polo órgano de destino e autorizados pola correspondente  xefatura territorial de acordo coas necesidades do servizo.

Os correspondentes  acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico ás persoas adxudicatarias, sendo comunicados a súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.

Accede á resolución: ⤵️⤵️

Adxudicacións substitucións ofertadas o 27/06/2022