Archivo diario: 12/07/2022

INSTRUCCIÓN 3/2002, DE 7 DE XULLO DE 2022, DA SECRETARÍA DE GOBERNO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA, RELATIVA Á FORMACIÓN DO EXPEDIENTE XUDICIAL DIXITALIZADO QUE RETRASA A ENTRADA EN FUNCIONAMENTO AO  3 DE OUTUBRO

INSTRUCCIÓN 3/2002, DE 7 DE XULLO DE 2022, DA SECRETARÍA DE GOBERNO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA, RELATIVA Á FORMACIÓN DO EXPEDIENTE XUDICIAL DIXITALIZADO QUE RETRASA A ENTRADA EN FUNCIONAMENTO AO  3 DE OUTUBRO.

A Instrucción 3/2022, de 7 de xullo do 2022, da Secretaría  de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza, relativa á formación do expediente xudicial dixitalizado e a implantación das comunicación telemáticas entre Órganos Xudiciais e as Oficinas Fiscais da Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia, acorda retrasar a entrada en vigor da Instrucción 1/2022, de 6 de maio, relativa ao expediente xudicial dixilitalizado, para o día 3 de outubro do 2022.

ACCEDE Á INSTRUCCIÓN 3-2002, DE 7 DE XULLO DE 2022, DA SECRETARÍA DE GOBERNO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

A XUNTA TERÁ DISPOÑIBLE A PARTIR DO 14 DE XULLO A AUTOCITA DE VACINACIÓN DA COVID

A Xunta terá dispoñible a partir do 14 de xullo a autocita de vacinación da covid para primeiras doses de adultos, nenos e recordo de 18 anos en adiante

A Xunta de Galicia terá dispoñible, a partir do vindeiro 14 deste mes, a autocita para vacinación da covid das primeiras doses de adultos, así como das primeiras doses de nenos e nenas e recordo de 18 anos en adiante. A autocita poderá realizarse a través da web do Sergas (www.sergas.es), ou por medio da aplicación Sergas Mobil ou marcando o número de teléfono 881. 54 00 45.

No momento que unha persoa cumpla os criterios e entre en campaña, a Xunta enviaralle un SMS para indicarlle que xa pode pedir cita. Ademais, as sete áreas sanitarias do Sergas tamén as poderán citar activamente.

Xunto ao anteriormente sinalado, o Goberno galego lembra que segue a funcionar a entrada libre para vacinación da covid.

Os horarios dos puntos de vacinación poden ser consultados pola cidadanía no seguinte enderezo: https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Vacinacion-Covid-OC