Archivo mensual: octubre 2020

OPOSICIÓNS: XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA, INICIO FASE DE CONCURSO.

OPOSICIÓNS

Acábase de publicar na páxina do Ministerio o Acordo do Tribunal Cualificador Único, polo que se dá inicio á fase de concurso establecida no Anexo I- B da convocatoria das oposicións ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda libre.

Publícase igualmente o Manual de Instrucións para a presentación dos méritos do apartado B do Anexo I- B.
Nas próximas horas publicarase a ligazón que lles levará ao asistente para a achega telemática dos devanditos méritos e que estará operativo a partir das 00:00 horas do día 28 de outubro de 2020.

Así mesmo tamen publícase o modelo de “autoavaliación” da fase de concurso presente no Anexo I- B da convocatoria, así como a guía coas instrucións.

Este modelo en formato pdf presentarase a través dos medios telemáticos establecidos na guía anexa no prazo de 20 días hábiles que empezarán a computarse desde as 00:00 horas do día 28 de outubro de 2020 e finalizará ás 00:00 horas do día 26 de novembro de 2020.

SPJ-USO Informa: Notas de xestión quenda libre Cataluña e apertura da fase concurso de meritos resto de territorios.

INFORMACION

  • Segundo a información que nos traslada o Ministerio de Xustiza, o 10 de novembro publicaranse por fin as notas dos exames de Xestión, quenda libre, do ámbito de Cataluña.
  • Para o resto de territorios que non son Cataluña no día de hoxe 27 de outubro abrirase a fase de concurso de méritos.

Oferta das Prazas da Comunidade Autónoma de Madrid para os aprobados de Xestión Procesual e Administrativa.

e38a4-listado

A Comunidade de Madrid adianta a relación de prazas que serán ofertadas aos funcionarios de novo ingreso do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa.

Oposicións: OEP 2017/18. Auxilio Xudicial. Suspendido o exame previsto para o 12 de decembro

OPOSICIÓNSO próximo día 12 de decembro estaba prevista a celebración dos exames para o acceso ao corpo de Auxilio Xudicial.

Dada a situación da pandemia e o novo estado de alarma decretado, o Ministerio de Xustiza acordou suspender as ditas probas para as que xa se fixeran as reservas de aulas, malia non haberse oficializado a data.

En breve decidirase a nova data, probablemente a finais de xaneiro de 2021, se a situación sanitaria o permite.

Estes extremos xa foron transmitidos ás diferentes CCAA con competencias.

Manterémosvos puntualmente informados.

CARREIRA PROFESIONAL: MOI IMPORTANTE – REMATE DO PRAZO DE SOLICITUDES.

LEMBRAMOS QUE ESTE MARTES 27 DE OUTUBRO É O ÚLTIMO DÍA DO PRAZO PARA SOLICITUDE DE ACCESO EXTRAORDINARIO Ó GRADO 1 DA CARREIRA PROFESIONAL DA XUSTIZA GALEGA.