Archivo mensual: mayo 2020

CONTROL HORARIO, SOLICITUDES IT E DEBER INEXCUSABLE

última hora

CONTROL HORARIO, SOLICITUDES IT Y DEBER INEXCUSABLE

INFORMACION FACILITADA NO  OPAX

CONTROL HORARIO:

Ante a imposibilidade de que o sistema informático coñezca as horas reais que cada traballador debería ter realizado durante os meses de marzo e abril, debido ao estado de alarma decretado polo Goberno, non se realizou o balance de control horario neses meses, No seu lugar realizaronse as seguintes actuacións:

  • Púxose a cero o campo “ horas a realizar” do apartado “horas mensuais a realizar”
  • Púxose a cero o campo balance.

O resto de datos non se modidifcaron e poderanse consultar, como habitualmente, nos apartados “Horas mensuais realizadas” e “Xustificacións”.

En relación a este último apartado sinalar que so se verán as xustificacións rexistradas no sistema informatico.

LEMBRE QUE É OBRIGATORIO FICHAR.

SOLICITUDES IT

Excepcionalmente poderase anticipar telemáticamente a documentación xustificativa escaneada. Recorde entregrar posteriormente a documentación orixinal.

SOLICITUDES DE PERMSIOS POR DEBER INEXCUSABLE

Todos aqueles funcionarios que necesisten disfrutar do permiso por cumprimento de deber inexcusable desde o día 26/05/2020, deberán presentar unha solicitude a través do OPX. NON PRORROGARA AUTOMAITCAMENTE AS SOLCIITUDES EXISTENTES.

NOVA BOLSA DE INTERINOS de GALICIA: PUBLICACIÓN O 2 DE XUÑO‼️

interinos

📢🔊 ÚLTIMA HORA NOVA BOLSA DE INTERINOS: PUBLICACIÓN O 2 DE XUÑO‼️📢

Comunícase que a publicación da Resolución pola que se aproba a listaxe definitiva de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial prevese para o 02.06.2020

A mencionada publicación terá lugar na intranet e na web da Consellería.

Unha vez en vigor as novas listaxes de persoal interino, as listaxes anteriores quedarán anuladas, sen que isto supoña ningún dereito para os integrantes destas.

Os interinos que estaban en suspensión temporal nas anteriores bolsas, deberán solicitar novamente a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16 da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Xunto coa resolución publicarase tamén a nota informativa seguinte:

NOTA INFORMATIVA NOVA BOLSA DE INTERINOS

PROGRAMA ANUAL DE VACACIÓNS 2020 E SOLICITUDE DE ASUNTOS PARTICULARES

IMAGEN PERMISOSPROGRAMA ANUAL DE VACACIÓNS 2020 E SOLICITUDE DE ASUNTOS PARTICULARES.

Ante  as múltiples preguntas ó respecto, aclaramos e informamos de que:

☑️ Esta semana, concretamente o mércores, haberá unha xuntanza do Ministerio de Xustiza coas Comunidades autónomas transferidas, entre elas Galicia, para consensuar as reglas xerais do programa anual de vacacións.

Posteriormente, antes do 15 de Xuño, teremos xuntanza os sindicatos coa Dirección Xeral de Xustiza sobre o programa anual de vacacións e sobre o horario.

☑️ Debemos ter en conta que o horario de 6 horas entre as 7.30 e as 15.00 horas pode ser beneficioso para o funcionariado en relación co horario de verán que debería comezar o 15 de xuño, e que na situación actual é de “difícil aplicación”,  estándose a barallar esa posibilidade para este 2020.

☑️ Referente á solicitude de asuntos particulares, recomendase cando se precise un día de asuntos particulares, cambiar o turno presencial de ser posible, e sólo pedir o día noutro caso, tal como textualmente nos pediu na xuntanza do dia de onte a DXX.

▪️ Manterémosvos puntualmente informados‼️

PERSOAL EN PERMISO POR DEBER INEXCUSABLE

notiimportante-1PERSONAL EN PERMISO POR DEBER INEXCUSABLE POR PATOLOXÍA DE RISCO, MENORES DE 14 ANOS OU MAIORES A CARGO – ACTUALIZACIÓN DO PERMISIO NO PRAZO DE 2 DIAS (26 E 27 DE MAIO) para exclusión formal de participación en quendas presenciais.

Exclúese da participación nas quendas presenciais:

🅰️) O persoal que teña recoñecido o permiso por deber inescusable por patoloxías susceptibles de agravarse por efecto da Covid-19, en tanto o servizo de prevención non verifique en que condicións pode prestar servizos en situación de seguridade.
O persoal incurso nesta causa de exención deberá acreditar no prazo de dous días dende a publicación desta resolución, ante o respectivo servizo de persoal de xustiza, que presentou a correspondente solicitude de avaliación da súa situación por parte do servizo de prevención, a través do mail prevencion.riscos.laborais@xunta.gal, requisito imprescindible para que se lle autorice o correspondente permiso durante a presente fase de desescalada. O permiso concederase con carácter provisional, sempre que quede acreditada a presentación da dita solicitude, en tanto o mencionado servizo non emita o correspondente informe.

🅱️) O persoal que teña recoñecidos permisos por razón de deber inescusable, que non poida flexibilizar o seu horario de traballo ou que non poida desenvolver a súa actividade ordinaria na modalidade de teletraballo. O referido permiso, nesta fase 2 da desescalada, afecta aos empregados:
➖ Con fillos menores de 14 anos que convivan co funcionario, ou a aqueles cuxo exercicio da garda ou custodia lles impida a normal participación nas quendas presenciais. A referida circunstancia xustificarase no prazo de dous días dende a publicación da presente resolución mediante fotocopia do libro de familia e volante de empadroamento onde conste a convivencia. Este volante poderase substituír por declaración responsable.
➖ Con persoas maiores de 14 anos dependentes ao seu cargo que necesiten atención para realizar actividades básicas da vida diaria.  A referida circunstancia xustificarase no prazo de dous días dende a publicación da presente resolución mediante documento expedido polo organismo competente no cal conste a situación de dependencia ou peche do centro no cal estaba a recibir atención a persoa dependente.

O persoal que solicite permiso por deber inescusable deberá achegar unha declaración responsable en que se indique que non hai outra persoa que se poida facer cargo do seu coidado. No suposto de que ambos os proxenitores ou responsables dos menores, ou dos maiores de 14 anos dependentes, teñan a condición de empregados públicos, só un deles poderá facer uso deste permiso, debendo facer constar na declaración a dita circunstancia.

☑️ Os permisos por deber inescusable concedidos nas fases anteriores enténdense prorrogados ata o día 25 de maio. Dende esa data, o persoal deberá solicitar o novo permiso a través da OPAX, preferentemente.
Caso de non poder facelo a través da OPAX por non ter firma dixital ou outras causas, deberá remitirse vía mail ás delegacións provinciais respectivas:
▪️A Coruña: servizo.xustiza.coruna@xunta.gal
▪️Lugo: persoal.presidencia.lugo@xunta.es
▪️Ourense: sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal
▪️Pontevedra: servizoxustiza.vi@xunta.es

➡️ Para calquer dúbida ou aclaración contacta co teu delegado sindical de SPJ-USO‼️

PLAN DE DESESCALADA FASE 2, RESOLUCIÓN DA DXX E CADRO DE EFECTIVOS DAS 4 PROVINCIAS

última hora

Achégase  Resolución do 25 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que, dando traslado ao ámbito da Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia da Orde JUS/430/2020, do 22 de maio, se determina a fase 2 do Plan de desescalada.

Resol DXX 25 de maio_adaptada á Orde do Ministerio_galego.asinada (2)

CADROS DE PERSOAL POR PROVINCIA:

A CORUÑA (1)

LUGO (1)

OURENSE

PONTEVEDRA