Archivo mensual: junio 2020

Convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na conselleria de Xustiza

IMAGEN PERMISOS

Denominación do posto: secretario/a do fiscal xefe provincial.

Corpo ou escala: xeral/tramitador procesual e administrativo.Dependencia: Unidade de Apoio á Fiscalía Superior (Lugo).

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,

DISPOÑO:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Sigue leyendo

RELACIÓN VACANTES PARA CONCURSO 2020 (30/06/2020)

SPJ-USO ULTIMA HORA CON SPJ-USO GALICIA INFORMA

RELACIÓN VACANTES PARA CONCURSO 2020 (30/06/2020)

Se adjuntan plazas:

 

RELACIÓN VACANTES CONCURSO 30-6-2020

RELACIÓN VACANTES CONCURSO 30-6-20201

 

 

 

 

SPJ-USO REITERA A SÚA PETICIÓN Á DXX DA PREPARACIÓN ON LINE DAS OPOSICIÓNS DE XUSTIZA

teletrabajo

1.- Co gaio de que no ámbito do Ministerio de Xustiza comezan as convocatorias de cursos de preparación para as oposicións coma é costume de tódolos anos, e tendo en conta que este sindicato defende que, promoción e formación profesional d@s traballador@s, son o alicerce fundamental para un bo funcionamento das oficinas xudiciais e para unha prestación de servizo público ao cidadán acorde coas premisas dunha Xustiza, EFICAZ, RÁPIDA e PROFESIONAL, ao que toda  ADMINISTRACIÓN COMPETENTE NON PODE QUEDAR Á MARXE SENÓN QUE TEN E DEBE INTERVIR. Sigue leyendo

ACLARACIÓN SOBRE A RESOLUCIÓN DO 2 DE XUÑO DE 2020, DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA, QUE MODIFICA A RESOLUCIÓN DO 7 DE MAIO DE 2008 POLA QUE SE REGULAN AS SUBSTITUCIÓNS ENTRE FUNCIONARIOS AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN GALICIA

IMAGEN PERMISOSAnte as numerosas consultas formuladas tras a publicación da resolución de 2 de xuño de 2020, que modifica a resolución de 7 de maio de 2008, reguladora das substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia,  a DXX traslada a seguinte NOTA ACLARATORIA:

  1. Caso de persoa que estando desempeñando unha substitución na data de publicación  da resolución (11/06/2020),  posteriormente, e de forma voluntaria, renuncia á mesma sen que teña transcorrido un período mínimo de 6 meses de desempeño.

Neste caso, aplicarase a penalización dun ano para poder acceder a unha nova substitución.

  1. Caso da persoa que estando desempeñando unha substitución cesa nesta pola finalización da causa que a motivou (cobertura definitiva do posto por concurso, reincorporación do/a titular do posto..)  antes de perfeccionar seis meses de desempeño na substitución. Posibilidade de acceder a outra substitución dende o seu posto de destino, ao que se reincorporou ao rematar a substitución,  antes de que transcorran 6 meses dende a dita reincorporación.

A condición de un tempo mínimo de desempeño nos postos, tanto os obtidos con carácter definitivo como provisional, non ten excepcións. Outra cuestión é a previsión do artigo sétimo da resolución que outorga unha preferencia en futuras substitucións a aquela persoa que, desempeñando unha substitución, cesara nela antes de acadar 6 meses, salvo que o cesamento fose por renuncia. A preferencia mantense vixente, pero para aquelas substitucións que a persoa interesada solicite unha vez perfeccione 6 meses no destino dende o que participa.

  1. Posible excepción da aplicación do período mínimo de 6 meses de desempeño cando a substitución que se solicita sexa no mesmo órgano onde a persoa interesada ten o seu destino definitivo.

A norma non fai excepción algunha e o período de 6 meses de desempeño é requisito indispensable para todas as persoas solicitantes dunha substitución.

Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares

sustituciones

Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares

26/06/2020

Publicados novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a sua cobertura mediante substitución entre titulares con data 26 de xuño de 2020.

ResolucionDX_Publicacion_Novas_Subs._26.06.2020

👉👉 O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da resolución (29 e 30 de xuño e 01 de xullo do 2020).

Sigue leyendo