
DATA PROBABLE DE POSTA EN FUNCIONAMENTO DAS NOVAS MEDIDAS:
12 DE MAIO.
PORCENTAXE DE PRESENZA NOS ÓRGANOS XUDICIAIS.- Na seguinta fase pasaremos do 10 % actual de presencialidade, o 33 %.
TURNO DE TARDE.- Será voluntario e para o caso de que non sexa posible manter no turno de maña a distancia de seguridade de 2 metros no órgano afectado, cando o número de funcionarios que acudan pola mañá faga imposible manter a distancia.
Polo tanto nas primeiras fases: (33 % nesta primeira faxe, e 66 % do plantel na seguinte, en data por determinar) non debería ser necesario apenas en ningún sitio o turno de tarde.
CRITERIOS OBXECTIVOS.- Se nalgún Xulgado hai exceso de solicitudes do turno de tarde, seguiranse criterios obxectivos para a designación, tendo preferencia os funcionarios con permiso por deber inexcusable que o soliciten, e noutro caso o escalafón ou antiguidade.
FOMENTARASE A «AUTOORGANIZACIÓN» nos Xulgados e Fiscalias para establecemento de quendas, etc.
A DURACIÓN da medida será ata 3 meses despois do remate do estado de alarma.
OS FUNCIONARIOS QUE ESTÉN TELETRABALLANDO serán igualmente incluidos nas quendas de dispoñibilidade.
PERMISOS.- Estase barallando a posibilidade de eliminar os permisos por deber inexcusable nos Xulgados por enfermidade de risco do propio funcionario. Respecto dos permisos por cuidados de menores ou maiores a cargo, no está claro como vai quedar regulado ou se vai haber modificacións.
O HORARIO, Pendiente de negociar detalles e de concretar, podería ser de 6 horas no turno de mañá e 4,5 horas no de tarde, debendo garantirse sempre a correspondiente limpeza e desinfección entre turnos.
TODO O ANTERIOR É MODIFICABLE NOS VINDEIROS DÍAS DEPENDENDO DO AVANCE DA PANDEMIA, A PRÓRROGA OU NON DO ESTADO DE ALARMA, VINDEIRAS REUNIÓNS,, ETC. POLO QUE A ANTERIOR INFORMACIÓN DEBEMOS MANEXALA COA DEBIDA «CAUTELA».


















