Á espera do borrador de texto que coñeceremos nas vindeiras horas, no que se abordan as fases de desescalada, e tendo presente que non teremos un texto definitivo antes do venres, entre outras cousas dende SPJ-USO estamos en disposición de adiantarvos:
➡️ 1. DURANTE A PRIMEIRA FASE, ONDE PASAREMOS Ó 33 % PRESENCIAL, NON HABERÁ QUENDAS DE TARDE, por ser innecesario con esa porcentaxe. Coas quendas de tarde comezarase na segunda fase (66 % presencial), só onde non sexa posible manter as distancias de seguridade nas quendas de mañá.
➡️ 2. Non se pasará á vindeira fase ata que sanitariamente sexa aconsellable.
➡️ 3. A quenda de tarde será de 4,5 horas.
➡️ 4. Os prazos procesuais non se levantarán previsiblemente ata a 3ª fase.
➡️ 5. De momento mantéñense os permisos por deber inexcusable tanto por cuidado de menores, maiores a cargo, como persoal de risco.
➡️ 6. O persoal que teletraballe non estará eximido dos turnos presenciais que lle correspondan.
Ampliaremos esta información.
Las altas temperaturas que estamos sufriendo en estos días del mes de Mayo y la previsión de que puedan continuar durante los meses del próximo período estival hace necesario el uso de los sistemas de aire acondicionado en las sedes judiciales.



















