DESESCALAMENTO NA FASE 1 TRALA XUNTANZA DE HOXE

Mañá martes entrará en vigor a nova Resolución da DXX na que se regulan os criterios de reincorporación paulatina dos funcionarios de xustiza de Galicia na sua primeira fase, e que sendo básicamente igual que a desenrolada polo Ministerio de Xustiza, ten alguns matices que vos queremos explicar:
- O cadro de persoal mínimo na xustiza galega para esta primeira fase da desescalada será fixado por cada concreto órgano xudicial e fiscal ou servizo no día de hoxe, establecéndose o 30 % da plantilla orgánica do órgano concreto mais os reforzos correspondentes, coa excepción dos xulgados de violencia das ciudades que será o 40 % e os Rexistros Civiles que teñen a súa regulación específica.
- O horario nesta primeira fase para os turnos presenciais será o ordinario da administración de xustiza galega na sua parte fixa: 6 horas, en todos os centros de traballo , incluidos os xulgados de paz.
- A DXX publicará unhas taboas de todos os órganos xudiciais coas porcentaxes de traballadores , que serán sempre como vos indicamos antes do 30% , coa soa excepción dos xulgados de violencia das sete cidades que se incrementará hasta o 40% das suas plantillas, incluindo no seu caso ao persoal que se encontre de garda.
Estas taboas publicaranse previsiblemente mañá tanto na intranet xudicial como na paxina web da Xunta de Galicia.
En canto aos compañeiros acollidos aos distintos permisos por deber inexcusable , decirvos que ainda que provisionalmente se manteñen, a Dirección Xeral vai a facer un control más exhaustivo sobre estes permisos, de modo que se exixirá xustificación documental para a súa concesión ou a renovación dos xa dispostos, requerindo que se cumpran unha serie de requisitos , como por exemplo o certificado de convivencia no caso dos de cuidado de maiores, ou certificación médica no caso dos referentes aos diferentes tipos de patoloxias, etc.
Ademais , desto darase a opción voluntaria , para todo aquel que este acollido a estes permisos poda solicitar o teletraballo. Polo tanto o teletraballo será unha opción mais de adaptación ao posto de traballo para este persoal sensible. Sigue leyendo
Resolución do 11 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se traslada ao ámbito da Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia a Orde JUS/394/2020, do 8 de maio, pola que se aproba o Esquema de seguridade laboral e o Plan de desescalada para a Administración de xustiza ante a COVID-19, 


















