Archivo diario: 03/04/2020

COMUNICADO EMITIDO POLA DIRECCION XERAL DE FUNCION PUBLICA EN RELACIÓN AO PERMISO RETRIBUIDO RECUPERABLE

images

Ante as consultas realizadas en relación a aplicación do Real Decreto Lei 10/2020, de 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuido recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, coa finalidade de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita conta o COVID-19, cómpre informar, por esta dirección xeral da Función Pública o seguinte:

De conformidade co criterio remitido no día de onte polo presidente da Comision de Coordinación do Emprego Público do Reino de España, o devantito Real Decreto-Lei é unha norma de caractér laboral que non inclúe no seu ámbito de aplicación ao persoal funcionario, nin ao laboral das administracións públicas, sendo a súa finalidade reducir a mobilidade. Consecuentemete neste ámbito público non é de aplicación o permiso retribuído recuperable ao noso persoal funcionario e laboral.
É de salientar, ademais, que segue en vigor a Instrución conxunta do 13 de marzo da Dirección xeral e Avaliación e Reforma Administrativa e da Dirección xeral da Función Pública para a aplicación dos apartados quinto e oitavo do Protocolo de actución para o persoal empregado público da administración da Xunta de Galicia en relación co COVID-19.
Dita instrución ademais mantén a súa vixencia e prorroga dos prazos que sinala polo Acordo do Centro de Coordinación Operativa (CECOP) mentras estea vixente a declaración do estado de alarma e a situación de emerxencia sanitaria.

Asinado en Santiago de Compostela
O director xeral da Función Pública
José María Barreiro Díaz

Enlace ao coumunicado: Permiso retribuido recuperable – non aplicable en funcion publica

COMUNICACIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA SOBRE OS PARTES DE IT

3cacb-enfermedadfuncionarios

A Dirección Xeral de Xustiza acaba de comunicarnos de forma literal o seguinte:

Debido á actual situación de estado de alarma, e mentres este continúe, as baixas por incapacidade temporal e as súas prórrogas deberán enviarse, ou ben escaneadas ou ben mediante foto, por correo electrónico ao servizo de Xustiza correspondente.

Todo isto sen prexuízo da súa presentación posterior cando, por razón xustificadas, non fose posible obter o parte.

Debendo remitirse por tanto aos seguintes emails corporativos:

  • A Coruña: servizo.xustiza.coruna@xunta.gal

  • Lugo: persoal.presidencia.lugo@xunta.es

  • Ourense: sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal

  • Pontevedra: servizoxustiza.vi@xunta.es

Una vez tramitadas, remitirase o correspondente acordo de autorización ao correo electrónico que indique o funcionario.

EGAP: CURSOS DE AUTOFORMACION DIRIXIDOS ENTRE OUTROS AOS FUNCIONARIOS DA ADMINISTRACION DE XUSTIZA

As actividades do programa de autoformación son as seguintes:

Código

Actividade

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

AF20001

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos. Contidos

AF20033

Correo electrónico corporativo. Contidos

AF20045

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos. Contidos

AF20079

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc). Contidos

AF20081

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer). Contidos

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

AF20023

Básico en prevención de riscos laborais. Contidos

AF20025

Cambio e motivación nas organizacións. Contidos

AF20027

Como deseñar presentacións eficaces. Contidos

AF20037

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano. Contidos

AF20039

Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas. Contidos

AF20041

Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero. Contidos

AF20059

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública. Contidos

AF20063

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos. Contidos

AF20065

Prevención e xestión de conflitos. Contidos

AF20075

Técnicas elementais de arquivos. Contidos

AF20077

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos. Contidos

Plan formativo ofimático de Galicia

AF20005

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base). Contidos

AF20007

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010). Contidos

AF20009

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010). Contidos

AF20011

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc). Contidos

AF20013

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010). Contidos

AF20015

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer). Contidos

AF20017

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress). Contidos

AF20019

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft Office 2010). Contidos

AF20071

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux Debian 9). Contidos

AF20073

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows 10). Contidos

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

AF20003

A responsabilidade patrimonial da Administración pública. Contidos

AF20021

Aspectos básicos da xestión do persoal: a función pública de Galicia. Contidos

AF20029

Contratación estratéxica. Contidos

AF20035

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Contidos

AF20043

Incompatibilidades dos empregados públicos de Galicia. Contidos

AF20049

Lei 16/2010 de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Contidos

AF20051

Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Contidos

AF20053

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Contidos

AF20055

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Contidos

AF20057

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. Contidos

AF20061

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral. Contidos

AF20067

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público (EBEP). Contidos

AF20069

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia. Contidos

AF20083

Xestión de indemnizacións por razón de servizo na Administración autonómica. Contidos

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

AF20031

Cooperación transfronteiriza e cohesión. Contidos

AF20047

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito. Contidos

As actividades: acceso aos contidos

1. Todos os empregados públicos e as empregadas públicas destinados/as nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e, concretamente, na base primeira do anexo II, poden acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula&gt;.

Sigue leyendo