COMUNICADO EMITIDO POLA DIRECCION XERAL DE FUNCION PUBLICA EN RELACIÓN AO PERMISO RETRIBUIDO RECUPERABLE

images

Ante as consultas realizadas en relación a aplicación do Real Decreto Lei 10/2020, de 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuido recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, coa finalidade de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita conta o COVID-19, cómpre informar, por esta dirección xeral da Función Pública o seguinte:

De conformidade co criterio remitido no día de onte polo presidente da Comision de Coordinación do Emprego Público do Reino de España, o devantito Real Decreto-Lei é unha norma de caractér laboral que non inclúe no seu ámbito de aplicación ao persoal funcionario, nin ao laboral das administracións públicas, sendo a súa finalidade reducir a mobilidade. Consecuentemete neste ámbito público non é de aplicación o permiso retribuído recuperable ao noso persoal funcionario e laboral.
É de salientar, ademais, que segue en vigor a Instrución conxunta do 13 de marzo da Dirección xeral e Avaliación e Reforma Administrativa e da Dirección xeral da Función Pública para a aplicación dos apartados quinto e oitavo do Protocolo de actución para o persoal empregado público da administración da Xunta de Galicia en relación co COVID-19.
Dita instrución ademais mantén a súa vixencia e prorroga dos prazos que sinala polo Acordo do Centro de Coordinación Operativa (CECOP) mentras estea vixente a declaración do estado de alarma e a situación de emerxencia sanitaria.

Asinado en Santiago de Compostela
O director xeral da Función Pública
José María Barreiro Díaz

Enlace ao coumunicado: Permiso retribuido recuperable – non aplicable en funcion publica

Los comentarios están cerrados.