
Hoxe remitiunos a DXX a versión definitiva de RPT das oficinas xudiciais da Fase III e a versión definitiva do procedemento para o desenvolvemento da reorganización de efectivos da Fase III. (salvo erros)‼️

Hoxe remitiunos a DXX a versión definitiva de RPT das oficinas xudiciais da Fase III e a versión definitiva do procedemento para o desenvolvemento da reorganización de efectivos da Fase III. (salvo erros)‼️
Comentarios desactivados en VERSIÓN DEFINITIVA DE RPTS FASE III E DO PROCEDEMENTO DE REORGANIZACIÓN DE EFECTIVOS
Publicado en LEI DE EFICIENCIA, NOVA OFICINA XUDICIAL, RPT's
accede ó contenido íntegro da nota informativa da reunión celebrada onteCIRCULAR MESA SECTORIAL 26-6-25
MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DE 26-6-25
REMATADA A “IMPOSICIÓN” DAS RPT DA FASE 3 (CIDADES) E DOS PROCESOS DE REORGANIZACIÓN DO PERSOAL
As présas e improvisación, as carencias materiais, unha lei nefasta e un pésimo e improcedente acordo firmado por 4 sindicatos a nivel nacional (STAJ, CSIF, UGT e o autonómico CIGA) provocarán un preocupante retroceso no servizo público e nos DEREITOS LABORAIS dos empregados públicos.
Desde SPJ-USO, non podemos deixar de denunciar que a posta en marcha do novo modelo xa evidencia, antes de arrincar, unha implementación precipitada, sen os medios técnicos, humanos nin orzamentarios mínimos para asegurar un funcionamento digno e eficaz.
Igualmente non podemos deixar de denunciar a pasividade, cando non complicidade, das comunidades autónomas con competencias transferidas á vista do desastre que está por vir.
O retroceso nos dereitos laborais do persoal ao servizo da Administración de Xustiza, devolvénos a dinámicas propias do século pasado nas que a mobilidade se perpetraba de maneira arbitraria e as competencias da superioridade delegábanse a custo cero.
ÚLTIMAS NOVIDADES DOS PROCESOS DE ACOPLAMENTO E ÚLTIMAS MODIFICACIÓNS DAS RPT DAS 7 CIDADES.
NOVIDADE IMPORTANTE DESTACABLE: A DXX confirma, a pregunta de SPJ-USO QUE, trala publicación no BOE de 25 de xuño do “Real Decreto 530/2025, de 24 de junio, por el que se adoptan las disposiciones organizativas y estatutarias del personal de la Administración de Justicia necesarias para implementar en las Oficinas judiciales y en las Oficinas de Justicia en los municipios el modelo de organización judicial establecido por la Ley Orgánica 1/2025, de 2 de enero, de medidas en materia de eficiencia del Servicio Público de Justicia”, no mesmo establécese:que “Salvo voluntad expresa de la persona afectada por la confirmación no se le podrá encomendar, en el destino adjudicado, tareas sobre materias que fueren propias de órganos judiciales de diferente clase a aquel en que estuviere destinado antes del acoplamiento. Esta limitación no se aplicará a quienes voluntariamente participen en un posterior concurso de traslado”. En consecuencia, a pesar da perda de dereitos que supón a futura mobilidade, a tódolos compañeiros que, para ben ou para mal, confirmen no seu posto na fase de confirmación (non así na fase de reordenación nin na reasignación forzosa) non se lle poderán asignar tareas de diferente orde xurisdiccional ata que cambien de destino en Concurso de Traslados.
|
INCRIBLE: Os 4 sindicatos firmantes en Madrid do acordo nacional, expoñen nesta última mesa que “pensaron que firmaban a creación de equipos cando na Área houbese mais de 50 funcionarios; pois ben, o que firmaron realmente é que os equipos funcionais, se teñen mais de 50 efectivos deben ser ESTRUCTURAIS e reflectirse expresamente nas RPT”….. a nosa loita de creación de equipos era unha loita difícil como xa explicamos con este acordo que apoia á Administración nesta desfeita. |
PROCESO DE ACOPLAMENTO (COMEZO EN SETEMBRO).
Como ben sabedes o proceso de acoplamento seguirá a seguinte orde: CONVOCATORIA DE LIBRE DESIGNACIÓN, CONVOCATORIA DE CONCURSO ESPECÍFICO, FASE DE CONFIRMACIÓNS (preferencia pola maior antiguidade NO POSTO), REORDENACIÓN DE EFECTIVOS (preferencia pola maior antiguidade no CENTRO DE DESTINO) E POR ÚLTIMO REASIGNACIÓNS FORZOSAS (menor antiguidade no CENTRO DE DESTINO).
NOVIDADE IMPORTANTE: Tras acceder a DXX, A SOLICITUDE únicamente DE SPJ-USO, a que na fase de confirmación, a fin de evitar que poidan confirmarse tódolos funcionarios dunha orde xurisdiccional dentro dunha área e ningún de outro orde, a administración establecerá a porcentaxe correspondente segundo a distribución actual (exemplo da área civil: contencioso-administrativo, social, instancia, familia, mercantiil….), e confirmará en idéntica proporción na área que corresponda.
O persoal do corpo de auxilio confirmarase no Servizo común xeral..
Pois ben, nesta nova reunión, e tamén a solicitude de SPJ-USO, a DXX accede a algo tan coherente como que os FUNCIONARIOS QUE TRAMITAN E EXECUTAN na xurisdición civil, social, contencioso administrativo e penal (LEVAN MATERIA POR NÚMEROS) daráselle a opción de confirmar ou ben no servizo de tramitación ou ben no servizo de execución.
Persoal destinado no Servizo de Apoio: Tras “idas e voltas” da DXX con este persoal, non será obxecto de confirmación. O persoal que na actualidade ocupe prazas destes servizos comúns de apoio irán directamente ao proceso de reordenación de efectivos. Respecto das retribucións complementarios por este servizo, manteranse na “mochila”.
Persoal dos xulgados de instrución con competencias en VSM que pasan a ser xulgados exclusivos (Santiago e Ourense). A este persoal daráselle como opción confirmar na praza identificada na RPT con VSM ou ben na identificada con GA.
Aos efectos de computar a antigüidade (tanto no posto como no centro de destino), tomarase como referencia a data da adxudicación do posto por concurso ou o nomeamento como funcionario, e finalmente non se computará a estes efectos o tempo prestado en comisión de servizos ou substitución nin outra antigüidade nun corpo distinto nin como interino.
RPT DO REXISTRO CIVIL DE PONTEVEDRA: A solicitude de SPJ-USO, igual que se aumentou xa anteriormente a plantilla do RC de FERROL e LUGO, auméntase tamén a plantilla do REXISTRO CIVIL DE PONTEVEDRA que pasas a 2 xestores – 3 tramitadores – 1 auxilio.
MANTENSE, coa nosa oposición, O RECORTE NAS PLANTILLAS DOS SERVIZOS COMÚNS DE NOTIFICACIÓNS E EMBARGOS DENTRO DO SERVIZO COMÚN XERAL.
Créanse (a solicitude de SPJ-USO) 4 novas prazas (que non están na plantilla actual) de Tramitación, nas ciudades de Vigo, A Coruña, Santiago e Ourense (1 en cada cidade) con código rpt de Violencia SM. Insuficientes para SPJ-USO.
POSTOS DE LIBRE DESIGNACIÓN E CONCURSO ESPECÍFICO: A pesar da oposición sindical, a DXX mantén os postos de LD e Concurso Específico e infórmanos que ós Xefes de Área e equipo na última versión das rpt se lle subirá o Complemento Específico.
EQUIPOS DE FAMILIA: Como vos temos informado, creáronse equipos de familia en Vigo e A Coruña únicamente, e finalmente ámbos con unha plantilla de 9 xestores e 9 tramitadores (igualáronse a solicitude de SPJ-USO). En todo caso, entendemos que a plantilla segue a ser INSUFICIENTE.
SERVIZOS COMÚNS DE NOTIFICACIÓNS E EMBARGOS: A pesar da oposición de SPJ-USO, e co apoio expreso e sorprendente na mesa de Staj, redúcese a plantilla da área de actos de comunicación do Servizo Común Xeral en tódalas cidades, excepto Santiago, que se mantén.
COMPLEMENTOS DE VSM DE SANTIAGO E OURENSE: Coa comarcalización dos ditos Xulgados, o Complemento destes iguálase cos das cidades de A Coruña e Vigo, e pasa de 86,47 euros a 115,26 euros. SPJ-USO urxe a negociación dun novo acordo de VSM e actualización dos complementos.
FISCALÍAS DE SANTIAGO E OURENSE: Con motivo da creación de unha nova praza de fiscal nas mesmas, modificaráse próximamente a rpt para crear tamén unha praza de ctpa en cada unha das ditas fiscalías.
SPJ-USO PRESENTOU QUEIXA FORMAL CONTRA O PROCEDER DA DXX OFERTANDO PRAZAS VACANTES (QUE DEBEN SAIR A COMISIÓN DE SERVIZO) DIRECTAMENTE A PERSOAL INTERINO COA EXCUSA DA “URXENCIA”.
REGULAMENTO DO IMELGA: A DXX infórmanos do inicio do expediente. SPJ-USO PRESENTA FORMALMENTE A SUA OPOSICIÓN MOTIVADA EN MESA (único sindicato que o fixo) e próximamente presentará por escrito alegacións, tal como informamos á DXX.
Comentarios desactivados en MESA SECTORIAL XUSTIZA DE 26-6-25
Publicado en LEI DE EFICIENCIA, MESA SECTORIAL, NOVA OFICINA XUDICIAL, RPT's

ℹ️➡️ PUBLICADA RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA POLA QUE SE ADXUDICAN POSTOS DE TRABALLO DO PROCESO DE REASIGNACIÓN FORZOSA DE EFECTIVOS DENTRO DA REORGANIZACIÓN QUE SE REALIZA CON MOTIVO DA IMPLANTACIÓN DA FASE I
Unha vez resolta a fase de reordenación de efectivos por resolución do 12.06.2025, procede adxudicar un posto a aquelas persoas que non obtiveron un posto na fase anterior, de conformidade cos criterios de adxudicación establecidos na resolución do 2 de xuño de 2025, en consecuencia RESOLVO:
▪️ Amplía información e accede á resolución: ⤵️⤵️
Comentarios desactivados en 📢🔊 MOI IMPORTANTE: RESOLUCIÓN REASIGNACIÓN FORZOSA DE POSTOS DA FASE I (POBOS)‼️
Publicado en NOVA OFICINA XUDICIAL, RPT's

Convocada reunión da Mesa sectorial de xustiza, o próximo martes 17 de xuño, ás 10:00 h na Sala Colmeiro da EGAP, coa seguinte:
ORDE DO DÍA:
Como documentación a valorar na Mesa adxúntase a seguinte documentación.
En síntese, respecto da versión avaliada na mesa do 10 de xuño, créanse EQUIPOS ESTRUTURAIS en Ferrol, A Coruña e Vigo.
Engádese unha praza de tramitación a maiores para levar VSM na Coruña, en Santiago, en Ourense e en Vigo.
Engádese un posto de tramitación nas oficinas xerais do RC de Ferrol e de Lugo.
Os cambios identificados en color. Engádense puntualizacións solicitadas na mesa e alegadas polas organizacións sindicais.
Accede ós BORRADORES remitidos pola DXX:
Comentarios desactivados en CONVOCATORIA MESA SECTORIAL 17.06.25‼️
Publicado en MESA SECTORIAL, NOVA OFICINA XUDICIAL, RPT's

ℹ️➡️ PUBLICADA RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA POLA QUE SE ADXUDICAN POSTOS DE TRABALLO DO PROCESO DE REORDENACIÓN DE EFECTIVOS DENTRO DA REORGANIZACIÓN QUE SE REALIZA CON MOTIVO DA IMPLANTACIÓN DA FASE I
Recibidas as solicitudes presentadas polo persoal funcionario na fase de reordenación de efectivos e de conformidade cos criterios de adxudicación establecidos na resolución do 2 de xuño de 2025, procede adxudicar os postos convocados.
En consecuencia RESOLVO:
▪️ Amplía información e accede á resolución: ⤵️⤵️
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:76214e44-04a1-455c-a203-f8258a21b51c
Comentarios desactivados en 📢🔊 MOI IMPORTANTE: Resolución da reordenación de efectivos da fase I (POBOS)‼️
Publicado en NOVA OFICINA XUDICIAL, RPT's