
ℹ️➡️ PUBLICADA RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA POLA QUE SE ADXUDICAN POSTOS DE TRABALLO DO PROCESO DE REORDENACIÓN DE EFECTIVOS DENTRO DA REORGANIZACIÓN QUE SE REALIZA CON MOTIVO DA IMPLANTACIÓN DA FASE I
Recibidas as solicitudes presentadas polo persoal funcionario na fase de reordenación de efectivos e de conformidade cos criterios de adxudicación establecidos na resolución do 2 de xuño de 2025, procede adxudicar os postos convocados.
En consecuencia RESOLVO:
- Adxudicar na fase de reordenación de efectivos os postos convocados ás persoas funcionarias que figuran no Anexo I.
- A toma de posesión terá lugar o 1.07.2025, data de entrada en funcionamento nas novas unidades da fase I.
- O posto de traballo ao que se acceda a través de reordenación terá carácter definitivo, iniciándose o cómputo do tempo mínimo de permanencia para poder concursar desde a data da resolución pola que se accedeu por primeira vez con carácter definitivo ao centro de destino do que procedían se se trata de funcionarios de novo ingreso, ou desde a data da resolución de convocatoria, conforme ao disposto no artigo 1 do RD 1451/2005, do 7 de decembro.
- Ao persoal que non obtivo posto nesta fase adxudicaráselle un posto mediante reasignación
▪️ Amplía información e accede á resolución: ⤵️⤵️
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:76214e44-04a1-455c-a203-f8258a21b51c


















