
🔴 TRAMITACIÓN: Segundo o Ministerio de Xustiza a oferta de prazas do corpo de Tramitación estaba prevista para o 15 de novembro (como informaron algúns sindicatos por ser a previsión inicial), mais é probable que a data sexa finalmente 🗓️ o 21 de novembro.
🔴 AUXILIO E XESTIÓN: O Ministerio xa solicitou ás CCAA que lle remitan as prazas a ofertar nos procesos de estabilización por concurso dos corpos de Auxilio e de Xestión, sen poderse precisar unha data.
🔴 Respecto do proceso de estabilización por concurso para persoas con discapacidade, infórmase que a empresa contratada segue recopilando os méritos e que a principios de novembro terán as listaxes provisionais.
▪️ SPJ-USO: Sempre ben informados!!!.


















