SUBSTITUCIÓNS – NOVAS PRAZAS OFERTADAS 16/5/2025

SUBSTITUCIÓNS – NOVAS PRAZAS OFERTADAS 16/5/2025 – OFERTADA PRAZA DO CORPO DE XESTIÓN NO XULGADO MIXTO Nº 1 DE  XINZO  DE LIMIA.

Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería:

https://acrobat.adobe.com/id/c:EU:3e82cab4f91026 

PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DIAS HÁBILES desde o día seguinte ao da publicación (19, 20 e 21 de maio de 2025).

MODELO DE SOLICITUDE: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.

O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

▪️Accede á normativa 2022 que regula as substitucións:

https://spjusogalicia.com/SUBSTITUCIONS-normativa.pdf

🔴POSTOS DE TRABALLO OFERTADOS: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular

POSTOS DE TRABALLO OFERTADOS: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular 

Accede á Resolución: ResoluciónNovas_Subst

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.