
SPJ-USO SOLICITA A ADXUDICACIÓN URXENTE DOS DESTINOS DA OEP 2023 E MEDIDAS PROVISIONAIS NOS TERRITORIOS CON INSUFICIENCIA DE PRAZAS
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

Escrito presentado por SPJ-USO ante o Ministerio de Xustiza. 

Continúa pendente a oferta xeral de destinos das persoas aprobadas nos procesos selectivos de acceso libre aos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial correspondentes á OEP 2023.As relacións de persoas aprobadas de Tramitación e Auxilio publicáronse o 16 de setembro de 2025 e a de Xestión o 30 de marzo de 2026.

O Ministerio anunciou que os destinos estarían adxudicados a finais de xullo de 2026, pero este prazo foi superado.A demora prexudica ás persoas aprobadas, mantén postos estruturais cubertos temporalmente, dificulta a organización das oficinas xudiciais e aumenta a incerteza persoal e profesional.
A falta de prazas suficientes nalgúns territorios non pode paralizar aqueles ámbitos que si dispoñen de postos vacantes para ofertar.En Galicia, a información dispoñible indica que existe marxe para realizar a oferta correspondente, especialmente no corpo de Auxilio Xudicial. SPJ-USO solicita que esta dispoñibilidade sexa certificada inmediatamente.
Nos ámbitos que non dispoñan de prazas definitivas suficientes, o artigo 28.2 do Real decreto 1451/2005 permite, con carácter excepcional e logo da correspondente negociación sindical, adxudicar destinos iniciais provisionais con todas as garantías legais.
SPJ-USO solicita:
Unha certificación inmediata das prazas dispoñibles en cada ámbito territorial.
Que se publiquen os destinos nos territorios con prazas suficientes, incluída Galicia, sen esperar polas carencias doutros ámbitos.
Que nos territorios deficitarios se negocien e adxudiquen destinos provisionais conforme ao artigo 28.2 do Real decreto 1451/2005.
Unha data común de nomeamento e efectos administrativos e económicos para protexer a antigüidade e o escalafón.
A publicación dun calendario certo para a oferta, adxudicación e toma de posesión.
Información periódica para as organizacións sindicais e as persoas afectadas.
Que estas mesmas medidas se apliquen preventivamente aos procesos da OEP 2024.
As persoas aprobadas non poden continuar soportando unha demora que non lles resulta imputable.Accede ao escrito presentado por SPJ-USO e ao xustificante de presentación:


















