
PREME PARA VER NOTA INFORMATIVA SPJ-USO ven de presentar escrito en defensa dunha das reivindicacións “históricas” do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.
Levamos anos insistindo na necesidade de manter o horario de entrada ao traballo as 07:30 horas tamén durante a xornada de verán, tal e como nos piden os compañeiros e compañeiras, e tendo en conta que dita esixencia non prexudica en absoluto ao servizo, xa que en todo caso se mantería o horario de atención ao cidadán e aos profesionais, e que ademais, e o criterio máis razoable e lóxico, tendo en conta os seguintes motivos:
Eficacia: Calquera que traballara un só dia nunha oficina xudicial, sabe perfectamente que as horas traballadas fóra do horario de atención ao público e aos profesionais, son as que máis partido se lle sacan, toda vez que ninguén interrompe aos compañeiros/as na súa labor, polo que a hora de sacar o traballo, estas horas renden moito máis que as traballadas con continuos paros para atender a xente ou o teléfono.
– Conciliación Laboral e Familiar: Tratándose dun período no que hai vacacións escolares, a posibilidade de adiantar a saída do traballo ás 14:00 horas, significa un grande pulo a conciliación laboral e familiar, de xeito que o persoal poda reunirse cos seus fillos/as ou persoas ao seu cargo antes, dispoñendo da meirande parte da tarde para estar coa familia e desenvolver as actividades propias da época do ano.
– Saúde Laboral: A meirande parte das oficinas xudiciais de Galicia carecen de aire acondicionado centralizado, ou ben este non funciona en boas condicións, de xeito que as temperaturas a partir do mediodía, son excesivas para traballar en boas condicións. Evidentemente, poder adiantar media hora a entrada e saída do traballo, contribúe a evitar as horas de máis calor, nas que o traballo dificilmente se fai coa mesma calidade.
Tratándose dunha modificación das condicións de traballo, entendemos que a vía para negociala e unha mesa sectorial, ben conxuntamente con outros temas, ben nunha mesa “ad hoc”, pero en todo caso, coa maior brevidade posible para evitar que, un ano máis, este tema quede sen negociar, sen darlle unha resposta a unha petición absolutamente maioritaria no noso ámbito.


















