
A CONSELLERIA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA SUSCRIBIU A NOVA PÓLIZA DE SEGUROS DE ACCIDENTES PERSOAIS, QUE DA COBERTURA A TODO O PERSOAL DA XUNTA DE GALICIA (Con efectos do 1 de xullo do 2023)
Con carácter xeral, as coberturas en caso de falecemento ou invalidez derivada de accidente ou enfemidade profesional son as previstas no folleto adxunto.
POSBILIDADE DE AMPLIAR AS COBERTURAS:
Ademais prevese a posibilidade de que calquera empregado publico da Xunnta de Galicia poida ampliar as coberturas, mediante a suscripción individual e voluntaria du suplemento/complemento do seguro, mediante o pagamento du importe adicional conforme se especifica no folleto informativo que se adxunta.
- Se poderá incrementar o capital asegurado exposto anteriormente ata un máximo de 240.000 €.
- Custo para cada persoa que o subscriba: 4,26 € ó ano por cada 6.000 € de capital adicional asegurado
AS ACLARACIÓNS EN RELACION A ESTA INFORMACION PODE DIRIXIR AO CORREO SEGUINTE;
- partes.xestionriscos.facenda@xunta.gal
A COBERTURA :
Este seguro ten por obxecto a cobertura das enfermidades profesionais ou accidentes que poida sufrir o colectivo asegurado tanto durante o exercicio das súas ocupacións profesionais, como fóra do traballo, en calquera parte do mundo.
A cobertura da póliza ten ámbito mundial, as 24 horas do día.
AS GARANTIAS:
- Falecemento por accidente: 49.000.-€-Gran Invalidez, Incapacidade Permanente Absoluta, Incapacidade Permanente Total por accidente: 49.000.-€
- Incapacidade Permanente Parcial: Baremada cun máximo 49.000 €
- Independentemente do anterior, o persoal da administración autonómica pode unilateralmente ampliar coberturas desta póliza de accidentes, subscribir unha póliza de vida ou ambas.
A DURACIÓN:
Esta modalidade de seguro contrátase por un ano de duración, entendéndose prorrogado por periodos anuais (salvo a renuncia do asegurado ou da aseguradora
A comunicación da renuncia:
- Con dous meses de antelación no caso da compañía
- Con un mes de antelación no caso do asegurado
ADEMAIS PODEMOS CONTRATAR UN SEGURO DE VIDA CON VENTAXAS:
Este seguro colectivo de adhesión voluntaria outorga cobertura ó risco de falecemento do asegurado, producido por calquera causa e en calquera lugar.
O Capital asegurado desta póliza ten un importe máximo de 300.000 € salvo autorización expresa de AXA.
As garantías que se cubrirían baixo esta póliza voluntaria (vida) serian:
- Seguro principal de falecemento (calquera causa), ata 300.000 €
- Incapacidade Absoluta ou Gran Invalidez, ata 300.000 €
DOCUMENTO ADXUNTO:


















