Archivo diario: 30/09/2026

ATENEA: CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN NOS TRIBUNAIS DE INSTANCIA GALEGOS

ATENEA: CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN NOS TRIBUNAIS DE INSTANCIA GALEGOS.

Respecto ao proceso de implantación de Atenea en Galicia, dende a Dirección Xeral de Xustiza infórmase que:

O plan de traballo e calendario de implantación está condicionado por dous fitos que se deben acadar:

  • O 01/01/2027 debe estar operativo Atenea en todos os tribunais de instancia, para habilitar o contador único por sección. O sistema Minerva non prevé esta funcionalidade.
  • O 28/02/2027 o sistema de xestión procesual Minerva deixa de ser operativo a todos os efectos.

Tendo en conta estas premisas, estableceuse un plan de traballo que entra agora na fase de implantación efectiva nos tribunais de instancia.

O calendario previsto de implantación é o seguinte:

  • 05/10/2026: Inicio da implantación nos tribunais de instancia de Bande e Verín, que actuarán como órganos piloto.
  • Do 05/10/2026 ao 05/12/2026: Implantación progresiva en todos os tribunais de instancia. Durante este período poderán convivir ambos sistemas de xestión procesal. Establécese, con carácter orientativo, un período dun mes dende a posta a disposición de Atenea en cada órgano ata a desactivación do acceso a Minerva.
  • 05/12/2026: Atenea estará dispoñible en todos os tribunais de instancia.
  • 21/12/2026: Eliminación do acceso a Minerva, agás nos SCACE.
  • 01/01/2027: Atenea será o único sistema de xestión procesual operativo e activarase o contador único por sección.
  • Do 01/01/2027 ao 28/02/2027: Implantación de Atenea nos SCACE.
  • 28/02/2027: Apagado definitivo de Minerva.

Durante o período de implantación progresiva, do 05/10/2026 ao 05/12/2026, concretarase o calendario de cada tribunal de instancia.

Data prevista da primeira implantación de Atenea nun tribunal de instancia na instalación indicada

  • Ourense (comprende todos os partidos xudicias da provincia e Audiencia Provincial de Ourense): 05/10/2026
  • Ferrol (comprende o partido xudicial de Ferrol e todas as vilas da provincia de A Coruña): 13/10/2026
  • Santiago de Compostela (comprende o partido xudicial de Santiago de Compostela, a Audiencia Provincial da Coruña e ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia): 19/10/2026
  • A Coruña (comprende o partido xudicial de A Coruña): 26/10/2026
  • Pontevedra (comprende o partido xudicial de Pontevedra e todas as vilas da provincia de Pontevedra): 02/11/2026
  • Vigo (comprende o partido xudicial de Vigo e a Audiencia Provincial de Pontevedra): 09/11/2026
  • Lugo (comprende todos os partidos xudiciais da provincia e Audiencia Provincial de Lugo): 16/11/2026

Os calendarios concretos en cada tribunal de instancia comunicaranse previamente a cada un dos órganos implicados.

O proceso de implantación irá acompañado de actividades de capacitación adaptadas ao perfil das persoas usuarias e ao seu ámbito de traballo.

O calendario destas sesións comunicarase e publicarase a través das canles habituais.

CHAMAMENTOS DE INTERINOS POLA NOVA BOLSA 30/09/2026

CHAMAMENTOS DE INTERINOS POLA NOVA BOLSA A 30/09/2026

 

 

 

As persoas preseleccionadas recibirán un aviso por SMS da publicación da oferta.
A falta deste aviso non escusará o incumprimento da obriga de comunicación e aceptación das prazas a través da OPAX, nos casos en que a súa aceptación sexa obrigatoria.

Aceptación de prazas ofertadas. As persoas incluídas na relación de preseleccionadas disporán dun período, que irá desde a publicación ata as 🕛 14.00 horas do día seguinte hábil, para cumprir coa obriga de comunicar a aceptación de prazas (establecendo entre elas a orde de preferencia no caso de aceptar varias) ou para manifestar expresamente o seu rexeitamento da oferta.

 A CORUÑA

LUGO

 OURENSE

PONTEVEDRA

 

TELETRABALLO: SPJ-USO SOLICITA UNHA EXTENSIÓN TELEFÓNICA CORPORATIVA INDIVIDUALIZADA PARA CADA DOTACIÓN DE POSTO DE TRABALLO DAS RPT

TELETRABALLO: SPJ-USO SOLICITA UNHA EXTENSIÓN TELEFÓNICA CORPORATIVA INDIVIDUALIZADA PARA CADA DOTACIÓN DE POSTO DE TRABALLO DAS RPT

*📢🔊 SPJ-USO PRESENTA ESCRITO SOLICITANDO UNHA EXTENSIÓN TELEFÓNICA CORPORATIVA INDIVIDUALIZADA PARA CADA DOTACIÓN DE POSTO DE TRABALLO DAS RPT‼️
ℹ️➡️ Escrito presentado por SPJ-USO ante a Dirección Xeral de Xustiza. ⤵️
⚠️⚠️ A implantación efectiva do teletraballo na Administración de Xustiza en Galicia require que os postos dispoñan dos medios tecnolóxicos necesarios para manter a comunicación ordinaria e garantir a continuidade do servizo público.
A propia información oficial da Xunta sinala que a persoa teletraballadora debe dispoñer dun teléfono de contacto ao que desviar as chamadas da oficina ou no que poida ser localizada.
📣📣 SPJ-USO considera que o persoal non pode depender dun teléfono compartido nin estar obrigado a facilitar ou utilizar o seu número particular para poder teletraballar.

Sigue leyendo →