
ℹ️➡️ O Servizo de Modernización da Administración de Xustiza informa a SPJ-USO trala solicitude realizada: 👇
🗓️ No último trimestre deste ano 2026 vaise a levar a cabo o cambio do sistema de xestión procesal en uso na administración de Xustiza en Galicia. Como resultado dun acordo de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Justicia, o actual sistema Minerva será substituido polo sistema Atenea.
⚠️⚠️ En primeiro lugar, vaise abordar a implantación nos tribunais de Instancia de Verín e Bande, polo que se comunicará en breve co persoal afectado para presentar as características do novo sistema, as súas diferenzas respecto a Minerva e o plan detallado de implantación que se levará a cabo entre o 2 e o 9 de outubro, incluídas as actividades de capacitación e de acompañamento previstas.
👉 Tratase da primeira implantación de Atenea en Galicia, polo que a participación de Verín e Bande nesta experiencia piloto será especialmente relevante para extraer aprendizaxes que permitan facilitar as seguintes implantacións de Atenea no resto de Galicia neste ano 2026.
▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.