PUBLICADA NO DOG A RESOLUCIÓN POLA QUE SE RESOLVE UN POSTO DE TRABALLO DE SECRETARIO/A DA FISCALÍA SUPERIOR (A CORUÑA) POLO PROCEDEMENTO DE LIBRE DESIGNACIÓN

PUBLICADA NO DOG A RESOLUCIÓN POLA QUE SE RESOLVE UN POSTO DE TRABALLO DE SECRETARIO/A DA FISCALÍA SUPERIOR (A CORUÑA) POLO PROCEDEMENTO DE LIBRE DESIGNACIÓN

Hoxe, día 2 de xaneiro de 2025, publicouse no DOG, a ORDE do 18 de decembro de 2024 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 5 de novembro de 2024 (código do posto PR.C99.10.006.15001.002), polo que se acorda:

– Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada mediante a Orde do 5 de novembro de 2024.

– O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza efectuarase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

– O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8.1 do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

ACCEDE Á RESOLUCIÓN POLA QUE SE RESOLVE A CONVOCATORIA DE LIBRE DESIGNACIÓN -SERVIZO APOIO FISCALÍA SUPERIOR A CORUÑA-

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.