EGAP: CONVOCADO CURSO DE COMPETENCIA E DEREITO DA UNIÓN EUROPEA.A DEFENSA DA COMPETENCIA NOS PROCESOS DE CONTRATACIÓN PÚBLICA

NO DOG DE HOXE, 23/6/2022, A EGAP CONVOCA O CURSO DE COMPETENCIA E DEREITO DA UNIÓN EUROPEA. A DEFENSA DA COMPETENCIA NOS PROCESOS DE CONTRATACIÓN PÚBLICA DESTINADO AO PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN GALICIA.

➡️ Destinatarios: Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema Universitario
de Galicia (UDC, USC e UVigo)

🔴 Datas: do 3 ó 28 de outubro de 2022.

🔴 Prazas:50

🔴 No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

🔴 Duración: 25 horas na modalidade  de teleformación.

🔴 O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.


As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula&gt; desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata a
23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Accede ao doga:⤵️⤵️
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220615/AnuncioO150-070622-0001_gl.html

IMPLANTACIÓN DO EXPEDIENTE XUDICIAL ELECTRÓNICO NA XUSTIZA GALEGA

O pasado 6 de maio dictouse e pola Secretaria de Goberno do TSX de Galicia  a Instrucción 1/2022 sobre a implantación do expediente xudicial na Administración de Xustiza en Galicia. Nesta instrución defínese o modelo de expediente xudicial dixitalizado e a metoloxía para a formación e rexistro no mesmo da documental e os escritos presentados no soporte papel, dándolle o pulo definitivo o EXE na  Administración de xustiza galega.

A citada instrución, que entrará en vigor o día 1 de setembro de 2022 , sinala como obxetivos que pretende:

  • 1º. Que afecta a todos os procedimientos de todos os órdenes xurisdiccionais de Galicia que estén debidamente formados.
  • 2º  Unha áxil e rápida localización dos documentos y resoluciones
  • 3º.- A adecuada conservación e custodia dos documentos orixinais
  • 4º. Que non exista dúbida cando se traslade ás partes que o procedemento está completo e cumplindo a legalidade específica do EXE.

Sigue leyendo

SIRAX: MIGRACIÓN DA INFORMACIÓN DO SIRAX 1 O SIRAX 2

spjinformaNa intranet de xustiza vense de publicar un comunicado do Ministerio de Xustiza anunciando que o vindeiro 24 de xuño ás 15:00 h comezará a migración da información de SIRAX1 ao novo sistema SIRAX2, e cuxa data de finalización será o 27.

Durante este tempo deterase o servizo dos sistemas actuais.

O Ministerio recomenda que revisedes e validedes a información pendente antes da parada xa que, en caso contrario, non será migrada ao novo sistema.

Sigue leyendo

PUBLICADAS NO BOE AS LISTAXES DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS – PROMOCIÓN INTERNA – OEP 19/2021 – CXPA E CTPA.

No BOE de 22 de xuño de 2022, publicánronse as Ordes de Xustiza JUS/563/2022 e JUS/564/2022, pola que se acordan as publicacións das listaxes provisionais de admitidos e excluídos de promoción interna, aos corpos de Xestión e Tramitación correspondentes a Oferta de Emprego Público dos anos 2019/2020/2021.

🔴 ALEGACIÓNS: dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación no BOE.

Las subsanaciones se deberán realizar a través de la aplicación IPS (Inscripción de Pruebas Selectivas): APARTADO «CONVOCATORIAS A SUBSANAR»
https://ips.redsara.es/IPSC/secure/buscarConvocatorias

Aquí vos deixamos os enlaces ás ordes e listaxes publicadas: ⤵️⤵️

👉 Orde e relación provisional de aspirantes excluídos no corpo de Xestión

👉 Orde e relación provisional de aspirantes excluídos no corpo de Tramitación

👉 ADMITIDOS CTPA: https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/promocion-interna/tramitacion-procesal-administrativa-marzo

👉 ADMITIDOS CXPA: https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/promocion-interna/gestion-procesal-administrativa-marzo

☑️  Recoméndase comprobar que, ademais de non estar na listaxe de excluídos, aparecemos expresamente na de admitidos.

NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES – 21/06/2022

SUBSTITUCIÓNS

PUBLICADOS NOVOS AVISOS DE DESOCUPACIÓN DE POSTOS NA INTRANET PARA A SÚA COBERTURA MEDIANTE SUBSTITUCIÓN.

 

✅🔴 PRAZO DE SOLICITUDES:  O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da resolución (22, 23 e 24 de xuño de 2022).

✅🔴 As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo ; caso de estar desempeñando un posto en Comisión ou Substitución deben levar 6 meses no posto respectivo.


**CRITERIOS DE ADXUDICACION: PINCHA NESTE LINK

✅🔴 Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

✅🔴 Modelo de  solicitude: Anexo II
Mentres non se habilite a opción de solicitude á través de OPAX ,ou en caso de fallo acreditado do sistema, as solicitudes conforme ao anexo II, e se for o caso a documentación ou alegacións, deberán presentarse na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal/)  mediante o modelo ou solicitude xenérica co código PR004A

Accede á resolución⤵️⤵️

Nova convocatoria substitucións 21.06.2022