EGAP: CONVOCADO CURSO DE COMPETENCIA E DEREITO DA UNIÓN EUROPEA.A DEFENSA DA COMPETENCIA NOS PROCESOS DE CONTRATACIÓN PÚBLICA

NO DOG DE HOXE, 23/6/2022, A EGAP CONVOCA O CURSO DE COMPETENCIA E DEREITO DA UNIÓN EUROPEA. A DEFENSA DA COMPETENCIA NOS PROCESOS DE CONTRATACIÓN PÚBLICA DESTINADO AO PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN GALICIA.

➡️ Destinatarios: Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema Universitario
de Galicia (UDC, USC e UVigo)

🔴 Datas: do 3 ó 28 de outubro de 2022.

🔴 Prazas:50

🔴 No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

🔴 Duración: 25 horas na modalidade  de teleformación.

🔴 O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.


As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula&gt; desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata a
23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Accede ao doga:⤵️⤵️
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220615/AnuncioO150-070622-0001_gl.html

Los comentarios están cerrados.