PUBLICADA NO DOGA E IMPOSTA POLA DXX A ORDE DE 6 DE MARZO DE 2026 sobre selección e nomeamento de persoal interino de Xestión, Tramitación e Auxilio en Galicia

interinosA Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, prevé no seu artigo 472.2 que por razóns de urxencia ou necesidade se poderán nomear funcionarios/as interinos/as que desenvolverán as funcións propias dos corpos de funcionarios/as ao servizo da Administración de xustiza, en canto non sexa posible o seu desempeño por funcionarios/as de carreira ou permanezan as razóns que motivaron o seu nomeamento.

O artigo 489.1 da dita lei orgánica determina que o Ministerio de Xustiza ou, se for o caso, os órganos competentes das comunidades autónomas que recibisen os traspasos de medios persoais para o funcionamento da Administración de xustiza serán competentes para o nomeamento de persoal funcionario interino, de acordo cos criterios obxectivos que se fixen na orde ministerial ou, se for o caso, na disposición da comunidade autónoma que recibise os traspasos de medios persoais para o funcionamento da Administración de xustiza.

Obxecto

 O obxecto desta orde é a regulación do procedemento de selección, formación, nomeamento e cesamento do persoal interino ao servizo da Administración de xustiza en Galicia para desempeñar con carácter temporal as funcións legalmente reservadas aos corpos nacionais de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial.

Convocatoria

A  convocatoria para a formación das bolsas efectuarase próximamente mediante resolución da dirección xeral a que se refire o punto anterior e publicarase no Diario Oficial de Galicia, na web da consellería con competencias en materia de xustiza e mais na intranet de Xustiza.

 As solicitudes presentaranse, no prazo e forma que se indicará na resolución da convocatoria

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es, accesible desde a páxina web da consellería competente en materia de xustiza.

A convocatoria establecerá que o prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles.

Apertura das bolsas e actualización dos méritos

 Mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza, logo de negociación na Mesa sectorial, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, abrirase periodicamente o prazo para a presentación de solicitudes de incorporación de novas persoas ás bolsas e para a actualización dos méritos das persoas integrantes das bolsas. Na dita resolución establecerase o procedemento para a presentación de novas solicitudes e a actualización dos méritos.

Accede á ORDE DE INTERINOS 2026 DOGA

RESUMO DA NOVA ORDE INTERINOS

🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260317/AnuncioG0759-060326-0005_gl.html

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.