OFERTADOS CURSOS DE FORMACIÓN PARA O PERSOAL DE XUSTIZA 2026

Escola Galega de Administración Pública – RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2026 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

🔴 Requisitos: persoal empregado público e as persoas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

🔴 Solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 🗓️ 23 de marzo de 2026.

📣 As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización.

🔴 O número máximo de cursos que se poden solicitar limítase a catro.

🔴 CURSOS OFERTADOS: Os relacionados no ANEXO II

▪️ Amplía información: ⤵️
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260316/AnuncioO150-060326-0002_es.html

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.