OEP 2017/2018: PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITVA DE MÉRITOS DE AUXILIO XUDICIAL‼

En relación á data da publicación da listaxe definitiva sobre méritos da fase de concurso de Auxilio Xudicial da OEP 2017/18, o Ministerio de Xustiza informa que aínda que a intención era publicar a devandita listaxe a finais de xaneiro ou a primeira semana de febreiro, algúns dos Tribunais Delegados aínda non teñen a información preparada, razón pola que están a valorar se sacar unha listaxe parcial, coas listaxes das que dispoñan, ou atrasar a súa publicación ata ter a información de todos os Tribunais.

▪️ Manterémosvos puntualmente informados!!!

SPJ-USO: Contigo outro sindicalismo é posible!!! FEITOS, non palabras!!!

Los comentarios están cerrados.