Vimos de recibir da Dirección Xeral de Xustiza, entre outros, a documentación para alegacións que a continuación se relaciona:
- Proposta de RPT para tramitación das seguintes unidades:
- Oficina de xustiza no municipio (o posto de auxilio non compatibiliza coa Oficina Xudicial).
250403_Proposta RPT OFICINA DE XUSTIZA NO MUNICIPIO
- Oficina xeral do rexistro civil. Fase I (os auxilios pasan a formar parte da Oficina Xudicial, e o resto do persoal da OXRC compatibiliza funcións coa OX)
250403_Proposta RPT Oficina Xeral Rexistro Civil Primeira Fase
- Oficina de xustiza dos pobos. Fase I (non se identifican postos singularizados como solicitaban algunhas organizacións sindicais)
250403_Proposta RPT OFICINA XUSTIZA. FASE I
Dende SPJ-USO, como sindicato maioritario, manterémosvos puntualmente informados do avance da negociación das RPTs e faremos as alegacións correspondentes das que se vos dará oportuno traslado, e intentaremos que a Lei de Eficiencia e o acordo firmado a nivel nacional, dentro da perda de dereitos que en sí supón, implique o menor perxuizo posible para os funcionarios da administración de Xustiza Galega.


















