DÚBIDAS, PREGUNTAS PRECUENTES E RESPOSTAS SOBRE A REORGANIZACIÓN E A ENTRADA EN FUNCIONAMENTO DO NOVO MODELO DE OFICINA XUDICIAL (NUMO) EN GALICIA – FASE 3 CIDADES.
Accede á circular informativa DÚBIDAS E PREGUNTAS REORGANIZACIÓN
RESOLUCIÓN DA PROVISIÓN DE POSTOS DE LIBRE DESIGNACIÓN E XEFATURAS DE POSTOS DE TRABALLO SINGULARIZADOS POR CONCURSO ESPECÍFICO: Será o primeiro paso, e prevese a resolución de ambos procesos no que queda de mes de outubro.
PROCEDEMENTO DE CONFIRMACIÓN
Qué se ten en conta para a confirmación? Tense en conta a ANTIGÜIDADE NO POSTO.
Quén pode participar na reorganización? O persoal funcionario en servizo activo con praza definitiva ou reserva de praza.
A confirmación no posto faise de oficio? Si, a confirmación no posto faise de oficio, polas funcións ou competencias que teñan continuidade na nova estructura.
A confirmación é obrigatoria? Si, se existe un número igual ou menor de funcionarios destinados en postos de orixe que poidan ser confirmados na nova estructura.
Se o número de efectivos é superior ás dotacións previstas nas rpt da nova organización, teñen preferencia para confirmarse os funcionarios con maior antigüidade no posto de similar contido. Neste caso os funcionarios con maior antigüidade no posto de orixe poden optar por non confirmarse, e serán confirmados os de menor antigüidade, ata completar o número total de postos a confirmar.
A confirmación nun área ou servizo faise de maneira proporcional por centros de destino? Si, próximamente a DXX fixará o número de funcionarios de cada corpo a confirmar por cada centro de destino dentro de cada área ou servizo no seu caso, establecéndose a porcentaxe segundo a distribución actual (contencioso, social, familia, instrucción, penal, menores ou vixiancia).
Onde se confirma o persoal do Servizo de apoio? Non se confirma, vai directamente a reordenación.
Que pasa co persoal que tramita e executa? Dáselle a opción de confirmar ben no SCT ou ben no SCEX, e se non procede a sua confirmación no servizo elexido, confirmarase automáticamente no outro servizo, no seu caso.
E os funcionarios do corpo de auxilio? Os funcionarios do corpo de auxilio confírmanse no Servizo común xeral, na área que corresponda ou co código correspondente, no seu caso.
Respecto das prazas de auxilio con complemento superior da área de actos de comunicación que se crean a maiores das que había nese servizo…. cómo se cubren? Esas prazas cúbrense vía REORDENACIÓN, ó non haber persoal suficiente para confirmación.
E qué pasa co Rexistro Civil onde na nova estructura hai algunha praza a maiores que na vella estructura? Igual que no suposto anterior, cúbrense vía REORDENACIÓN, ó non haber persoal suficiente para confirmación.
E qué pasa cos traballadores que se xubilan antes do 31-12? Este persoal xa non participará no proceso de acoplamento.
E qué pasa cos xestores que exercen como letrados sustitutos? Neste caso depende se conforme á normativa actual teñen reserva de posto na localidade ou reserva de posto concreto.
As COMISIÓNS DE SERVIZO E SUSTITUCIÓNS HORIZONTALES…. manteranse? Non se manterán se o posto definitivo e o posto que se ocupa pasa a ser do mesmo tipo. No resto de casos manteranse as Comisións e sustitucións conforme á normativa de aplicación.
E qué pasa cos interinos? No caso de interinos que cubren a un titular, moveranse á mesma praza que o titular ó que sustitue. No caso de prazas vacantes, asignaráselle unha das prazas non cubertas. Os criterios de cese mantéñense conforme á orde de interinos ata o 31-12, pasando a depender do código rpt a partir da dita data.
E que pasa coas prazas que son vacantes por xubilación? No seu caso, estas prazas van a reordenación, e as que queden como resultado do proceso, irán a concurso de traslados ou novo ingreso segundo o caso.
REORDENACIÓN DE EFECTIVOS
Qué prazas e qué funcionarios pasan a reordenación de efectivos? Cubriranse por este sistema os postos non cubertos anteriormente, e os funcionarios que ata ese momento non obtiveran praza na nova estructura.
Qué criterio se segue para a adxudicación de prazas na reordenación? Séguese o criterio da antiguidade no centro de destino. O centro de destino é o conxunto de órganos da mesma clase (non da mesma xurisdicción) da localidade. Ou sexa o conxunto dos instancias, dos penales, dos instrucción, dos sociales, etc….. e súmase o tempo traballado como titular do mesmo corpo no mesmo centro de destino.
Exemplo: Se estiven destinado nun Xulgado do Penal e agora estou nun de Instrucción, súmase o tempo? Non, porque sen da mesma xurisdicción pero non é o mesmo centro de destino.
Exemplo: E se estiven nun instancia, marchei para un mercantil, e agora estou noutro instancia da mesma localidade… qué se suma? Súmase o tempo dos dous instancias.
Na fase de reordenación súmase o tempo traballado como interino ou en sustitución ou Comisión no centro de destino? Non, non se computa, sólo como titular no mesmo corpo.
Na reordenación de efectivos teño que pedir os postos que me interesen? Si, na reordenación os funcionarios afectados deben solicitar os postos que lle interesen dos ofertados por orde de preferencia.
REASIGNACIÓN FORZOSA (POSTOS NON CUBERTOS ANTERIORMENTE).
Qué criterio se segue? A MENOR antiguidade no centro de destino. O persoal que se reasigne forzosamente está exento da obriga de permanencia mínima no posto e terá preferencia para obter posto no seu centro de destino de orixe no primeiro concurso no que se oferten prazas no dito centro.
Rematado o proceso, cómo se asignan as prazas no caso de vacantes ós interinos? En primeiro lugar serán adscritos a unha praza, de existir, en unidade semellante. Para o resto dos supostos, rematado o proceso, ordenaranse as prazas de maior a menor código RPT e as persoas de maior a menor antiguidade no posto e asignarase o código menor de rpt á persoa de maior antiguidade e así sucesivamente.


















