IMPORTANTE 28/8/26- PUBLICADAS AS LISTAXES RESULTANTES DA NOVA BOLSA DE INTERINOS DE GALICIA‼️

PUBLICADAS AS LISTAXES RESULTANTES DA NOVA BOLSA DE INTERINOS DE GALICIA‼️

 Hoxe 28.08.2026 publicouse na intranet de Xustiza e na páxina web da Consellería https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/xustiza/persoal/interinos a resolución pola que se aproban as listaxes resultantes de persoas admitidas e excluídas das bolsas de traballo de persoal interino convocadas pola resolución do 13 de abril de 2026.

PRAZO dende o luns 31 de agosto ata o 🗓️ 11 de setembro ambos incluídos para elexir telematicamente, no seu caso, UN ÚNICO CORPO E PROVINCIA).

 LISTAS RESULTANTES
Publicada a resolución coas listas resultantes por cada corpo e provincia ordenadas por puntuación, que aparecen detalladas por cada un dos puntos dos méritos.

✔️ Cada persoa solicitante só poderá formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia, de acordo co previsto no artigo 10 da Orde do 6 de marzo de 2026, polo que no caso de que estea incluída en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberá seleccionar aquela única na que desexe quedar.
✔️ Se non o fai, entenderase que desiste de todas as súas solicitudes.
✔️ A elección deberá realizarse telematicamente no prazo de dez días hábiles a partir da publicación das listas resultantes (ata o  11 de setembro incluído), a través do formulario dispoñible na aplicación informática. Unha vez cuberto o formulario, deberá presentarse de xeito electrónico a través da OPAX.

☑️ As persoas que unicamente solicitaran formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia non terán que efectuar a dita elección.

 LISTAS DEFINITIVAS
Rematado o prazo para formular a elección prevista no punto anterior, a Dirección Xeral competente en materia de Xustiza aprobará as bolsas definitivas de persoas seleccionadas para cada corpo e provincia, ordenadas por puntuación, que se publicarán no
sitio web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e mais na intranet de Xustiza.

ENTRADA EN VIGOR DAS LISTAS
As listas definitivamente aprobadas entrarán en vigor o día seguinte ao da súa publicación e substituirán as listas vixentes, que quedarán anuladas nesa mesma data, sen que isto supoña ningún dereito para os integrantes destas.

 Con todo, e de acordo co artigo 10 da Orde do 6 de marzo de 2026, o persoal que á entrada en vigor estea prestando servizos como persoal funcionario interino seguirá desempeñando o posto de traballo ata que proceda o seu cesamento.

 AMPLÍA INFORMACIÓN E ACCEDE ÁS LISTAXES ⬇️
🔗 https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/xustiza/persoal/interinos

Listas resultantes de personas admitidas

Cuerpo auxilio judicial

Cuerpo de tramitación procesal y administrativa

Cuerpo de gestión procesal y administrativa

Listas resultantes de personas excluidas

Cuerpo auxilio judicial

Cuerpo de tramitación procesal y administrativa

Cuerpo de gestión procesal y administrativa

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.