ESTABILIZACIÓN – TURNO DISCAPACIDADE – XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO: ADÍASE A OFERTA DE DESTINOS, PERO MANTENSE A PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE APROBADOS/AS

Segundo o correo remitido polo Ministerio de Xustiza, queda aprazada a publicación da oferta de destinos prevista para o 7 de novembro de 2026 para as persoas aprobadas no proceso selectivo convocado pola Orde PJC/1357/2024.

LISTAXE DE APROBADOS/AS: publicarase o 7 de novembro, tal e como estaba previsto.

OFERTA DE DESTINOS: non se publicará o 7 de novembro. O Ministerio comunica que anunciará a nova data á maior brevidade posible, sen concretar aínda un día.

O Ministerio alude a «causas sobrevidas», sen detallar no correo o motivo do aprazamento.

Desde SPJ-USO reclamamos que o Ministerio aclare os motivos e concrete canto antes a nova data. As persoas aprobadas precisan saber cando poderán consultar as prazas e preparar a súa elección de destino.

▪️ MAIL DO Ministerio 👇

“Por causas sobrevenidas, se ha acordado paralizar la publicación de la oferta de plazas para las personas aspirantes aprobadas en los Cuerpos de Gestión Procesal y Administrativa, Tramitación Procesal y Administrativa y Auxilio Judicial, correspondiente al proceso selectivo convocado por la Orden PJC/1357/2024, cuya publicación estaba prevista para el próximo 7 de noviembre.

No obstante, sí se publicará en la fecha prevista la relación de personas aspirantes que han superado el proceso selectivo.

En cuanto a la publicación de la oferta de destinos, se informará de la nueva fecha a la mayor brevedad posible.

Lamentamos las molestias que esta situación pueda ocasionar”.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.