EGAP: Nova convocatoria dos cursos de competencias dixitais comDIX

No DOG de hoxe, 4 de abril, publícase unha nova oferta de cursos de formación continua para empregados públicos impartidos pola EGAP na modalidade de teleformación sobre  Competencias Dixitais comDIX para o persoal da Administración de xustiza en Galicia.

🔴  O prazo de presentación de solicitudes será dende o 5 de abril ata o 12 de abril de 2024.

👉 As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.

🔴 Para poder participar no curso «De Codix a ComDix iniciación» deberá dispoñerse previamente da certificación Codix.

🔴  O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a dúas máis o curso ComDix iniciación 0: Empezamos!

Toda a información sobre este certificado CODIX atópase na páxina web:  https://competenciasdixitais.xunta.gal/

▶▶Podedes  acceder ao contido íntegro da convocatoria no DOG no seguinte enlace:

ANEXO II CURSOS

Los comentarios están cerrados.