EGAP: CURSOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE NIVEL BÁSICO

Hoxe se publica no DOG a RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2023 pola que se convocan os cursos de Prevención de Riscos Laborais de NIVEL BÁSICO para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 17 ao 27 de marzo de 2023

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

CRITERIOS DE SELECCIÓN: por orde de inscrición ata esgotar o total de prazas, tendo prioridade aquelas persoas que posúan a condición de delegado/a de prevención, traballador/a designado/a e/ou empresario/a que asuma as funcións de prevención de riscos laborais na súa empresa (deberán achegar a documentación que o acredite ao enderezo <issga.cursoprl@xunta.gal> dentro do prazo de presentación de solicitudes) e reservarase o 50 % das prazas do curso ao persoal empregado público.

DESENVOLVEMENTO:

Nome do curso: Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga.

Modalidade: Teleformación.

Duración: 60 horas edición.

Edicións: Tres.

Datas: do 18 de abril ao 16 de xuño de 2023.

Proba final: o día 16 de xuño ás 10.00 horas.

A proba final do curso realizarase de xeito telemático a través da aula virtual.

Prazas: 100 por edición.

Enlace á Publicación no DOG

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.