Publicado no DOG de hoxe a convocatoria dun curso monográfico impartido pola EGAP «A regulación da intelixencia artificial: sistemas e datos». Regulación da normativa europea, estatal e autonómica.
- As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>.
- O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 13 de outubro de 2025.
- Datas: 16 e 17 de outubro de 2025.
Modalidade: presencial.
Horario: de tarde o día 16 e de mañá o día 17.


















