EGAP: PUBLICADOS OS CURSOS DO PLAN DE AUTOFORMACIÓN 2024 DE XUSTIZA

ℹ️➡️ ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA – RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2024 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.
🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240621/AnuncioO150-140624-0001_es.html

🔴 Poderase acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo  https://egap.xunta.gal/matricula

👉 A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do 📆 23 de xullo de 2024, día seguinte ao da finalización do prazo de matrícula da proba de avaliación das actividades do programa de autoformación.

🔴 Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP desde a inscrición de acceso ata o 📆 30 de decembro de 2024.

🔴 Cada persoa determinará libremente o número de actividades en que queira inscribirse e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.

🔴 O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

🔴 O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado regulado na base novena do anexo II.

🔴 O prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas de avaliación será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 22 de xullo de 2024.

🔴 O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a 4️⃣ catro.

▪️ Amplía información e accede ós cursos: ⤵️⤵️
🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240621/AnuncioO150-140624-0001_gl.html

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.