No DOG de hoxe, 20 de outubro, vense de publicar a resolución do 9 de outubro de 2025 pola que se convoca o II Congreso de lexislación antinarcotráfico, en colaboración coa Fundación Galega contra o Narcotráfico.
Obxectivo: O obxectivo principal do congreso é a posta en común dos actuais desafíos por parte dunha plural e cualificada representación de membros das forzas e corpos de seguridade do Estado, autoridades, profesionais da Administración de xustiza, sociedade civil e representantes políticos, para axudar a atopar solucións e avanzar substancialmente na resolución de moitos problemas que están a comprometer a loita contra o tráfico de drogas en España.
Persoal destinatario: Persoal das forzas e corpos de seguridade, Vixilancia Aduaneira, Axencia Tributaria e persoal da Administración de xustiza.
Número de prazas: Sen límite.
Prazo de inscrición e presentación: O prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o 31 de outubro de 2025.
Lugar: Academia Galega de Seguridade Pública.
Data: 6 e 7 de novembro de 2025.
Horario lectivo: das 9.30 ás 14.30 e das 16.30 ás 18.30 horas (6.11.2025). Das 10.00 ás 14.30 horas (7.11.2025).
Amplía a información no seguinte enlace:


















