Conforme ó acordo firmado por SPJ-USO , publícase a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se ofertan en comisión de servizos postos vacantes de nova creación entre persoal funcionario dos corpos de Xestión procesual e administrativa, Tramitación procesual e administrativa e Auxilio Xudicial.
Resolución do 7-11-2019 da DXX
SOLICITANTES:
Poderán solicitar as comisións de servizos, con exención de funcións nos seus postos actuais, os funcionarios de carreira dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que se atopen en situación de servizo activo no mesmo corpo do posto que se convoca, e que no prazo de presentación de solicitudes leven prestando como mínimo seis (6) meses de servizos no posto dende o que participa, xa sexa provisional ou definitivo.
LUGAR Y PLAZO DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de Xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (http://cpapx.xunta.gal).
As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza (rúa Madrid, 2-4, planta 2ª, polígono das Fontiñas, 15781, Santiago de Compostela) e presentaranse nos rexistros administrativos da Xunta de Galicia ou de calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. As que se presenten nas oficinas de Correos enviaranse por correo certificado, para cuxo efecto se presentarán nas citadas oficinas en sobre aberto co obxecto de seren datadas e seladas polo funcionario de Correos antes de seren remitidas. Os solicitantes deberán enviar a solicitude que teña o selo da oficina de Correos, sen que se poidan admitir as instancias que non cumpran este requisito unha vez pasado o prazo de presentación.
Ademais, as solicitudes deberán adiantarse, no citado prazo de dez (10) días hábiles, por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) para axilizar a súa tramitación.



















