COMISIÓN DE SEGUEMENTO DO ACORDO DE 2018: INMEDIATA DIMISIÓN DO DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA E A SUBDIRECTORA!!!

O GRAVE INCUMPRIMENTO, POR PARTE DO DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA XOSÉ TRONCHONI E DA SUBDIRECTORA XERAL VERÓNICA TELLADO, DO ACORDO DE 2018 ACABAN COA “PAZ SOCIAL” E IMPULSAN ÓS MESMOS, CASO DE CONFIRMARSE, Á SÚA DIMISIÓN!!!

A FALTA DE ESPÍRITU NEGOCIADOR E A BUSCA DE ESCUSAS LEVAN Ó DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA A DICIR QUE NON PROCEDE A APLICACIÓN DA CLÁUSULA DE REVISIÓN DO ACORDO DE 2018, Ó CONSIDERAR A CARREIRA PROFESIONAL UN COMPLEMENTO AUTONÓMICO (escúsase en que a día de hoxe solo existe en Galicia) E POLO TANTO, COA SUMA DA MESMA, A SITUARNOS NAS 3 PRIMEIRAS POSICIÓNS EN CANTO A RETRIBUCIÓNS AUTONÓMICAS SE REFIRE.

SPJ-USO, UGT e CCOO ACUDIRÁN Á VÍA XUDICIAL PARA ESIXIR O ÍNTEGRO CUMPRIMENTO DO ACORDO PUBLICADO NO DOGA DE 30/5/2018.

Recoñecemos o enxeño desta nova DXX na interpretación do acordo, mais lembramos que no artigo 1 do acordo establécese claramente que:

Os complementos retributivos de determinación autonómica son: 1. Complemento autonómico transitorio. 2. Complemento específico.

Estes complementos serán revisados anualmente no terceiro trimestre de cada ano, para os efectos de que a modificación se poida incluír na lei de orzamentos de cada ano, coa finalidade de garantir que os traballadores da Administración de xustiza de Galicia manteñan unha posición por riba da media dos ámbitos territoriais con competencia en materia de xustiza, no que aos complementos retributivos de determinación autonómica se refire.

Posteriormente, xa no artigo 10 recóllese o compromiso de desenvolver a carreira profesional.

ACCEDE Á CIRCULAR INFORMATIVA ÍNTEGRA SPJ-USO – UGT – CCOO COMISIÓN SEGUIMENTO 17-10

 

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.