Archivos de la categoría INFORMACIÓN XERAL

TRIBUNAIS DE INSTANCIA – PUBLICADAS NO BOE AS RPT DOS LETRADOS NA CCAA DE GALICIA

📢🔊 TRIBUNAIS DE INSTANCIA – NOVA OFICINA XUDICIAL – PUBLICADAS NO BOE AS RPT DOS LETRADOS NA CCAA DE GALICIA‼️

 

ℹ️➡️ Resolución do 25 de abril de 2025, da Secretaría Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza, pola que se aproban as relacións de postos de traballo do Corpo de Letrados da Administración de Xustiza das oficinas xudiciais dos partidos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia en que se constituirán os Tribunais de Instancia o 1 de xullo de 2025.
🔗 Disposición 8555 del BOE núm. 103 de 2025

🔴 Acórdase «Aprobar as relacións de postos de traballo do Corpo de Letrados da Administración de Xustiza das oficinas xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia que se conteñen no anexo que se poderán consultar na ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/es/servicio-justicia/proyectos-transformacion/oficinajudicial/estructura (páxina web do ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes).

👉 A partir da entrada en vigor desta resolución realizaranse os procesos de axuste nos novos postos de traballo.

As oficinas xudiciais incluídas nesta resolución entrarán en funcionamento ou adaptarán a súa actual estrutura ás relacións de postos de traballo do anexo I o día 1 de xullo de 2025.

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️
🔗 Disposición 8555 del BOE núm. 103 de 2025

DISPOÑIBLE A TRAVÉS DO CIXTEC ASÍ COMO NO VOSO CORREO ELECTRÓNICO A CERTIFICACIÓN DA RETENCIÓN A CONTA DO IRPF

Vimos de recibir no correo electrónico e temos dispoñible a través do CIXTEC o Certificado de retencións e ingresos á conta do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

👉 Principales fechas de la campaña del IRPF: ⤵⤵

🟥 A partir del miércoles 📅 2 de abril se puede presentar la declaración por internet.
🟥 Desde el 📅 29 de abril, hasta el 📅 27 de junio, es posible pedir cita previa —por internet o llamando— para confeccionar la declaración del IRPF con la asistencia telefónica de la Agencia Tributaria.
🟥 El 📅 6 de mayo se abre el plazo para presentar la declaración de la renta por vía telemática con la asistencia telefónica de la Agencia Tributaria.
🟥 A partir del 📅 29 de mayo, hasta el 📅 27 de junio, se puede solicitar cita previa presencial en alguna oficina tributaria.
🟥 Las declaraciones presenciales se empiezan a presentar el 📅 2 de junio.
🟥 El 📅 25 de junio es el último día para domiciliar el pago si la declaración sale a ingresar.
🟥 El 📅 30 de junio es el último día para presentar la declaración.

▪ Lembrade que SPJ-USO faiche gratis a declaración da renda!!! 👉 Válido para afiliados e novos afiliados!!!

COMUNICADO CONXUNTO DOS SINDICATOS DA XUSTIZA GALEGA

🔊🔊🔊🔊🔊 As organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, ALTERNATIVAS NA XUSTIZA, UGT, CSIF, CIG e CCOO, ESIXEN Á DXX A MODIFICACIÓN DA ORDE DO DIA DA MESA SECTORIAL CONVOCADA PARA O VINDEIRO LUNS 24-3-2025, onde a orde do día sexa únicamente:
🪙 Negociación dun incremento do CAT/CE que remate nun Acordo para o desenvolvemento da nova oficina xudicial.

ℹ️ Ante a convocatoria de Mesa Sectorial para o vindeiro 24 de marzo cunha orde do día froito da decisión unilateral da Dirección Xeral de Xustiza, a pesares de que tódalas organizacións sindicais, con representación na Administración de Xustiza de Galicia, presentamos escrito onde faciamos constar o noso compromiso a negociar as RPT da nova oficina xudicial, que xurde coa implantación da fase I dos Tribunais de Instancia, así como as RPT das oficinas de xustiza no municipio e as do Rexistro Civil, pero non antes de acadar un Acordo en materia retributiva que incremente o CAT/CE,como se ten feito na inmensa maioría das Comunidades Autónomas e polo propio Ministerio de Xustiza para o territorio que xestiona, queremos lembrar que ditos Acordos se negociaron e se asinaron con moitísima antelación á negociación das RPT e incluso á propia aprobación e publicación da Lei Orgánica 1/2025 de 2 de xaneiro, de medidas en materia de Eficiencia do Servizo Público de Xustiza.

👉 Os funcionarios de Galicia non merecen menos, nin hai xustificación para que se lles faga esperar máis tempo por esa suba retributiva, que nalgúns territorios levan dous anos cobrando, por isto entendemos urxente a negociación do incremento do CAT/CE, e co gallo de chegar a un Acordo rápido e previo as negociacións das RPT, pensamos que esa negociación debe ser preferente, exclusiva e excluínte, para que ese pacto chegue con antelación suficiente que permita negociar as RPT con anterioridade dabondo a posta en marcha da nova oficina xudicial.

📣📣📣 En base ó anterior, solicitamos a modificación da orde do dia da Mesa Sectorial convocada para o próximo luns día 24 de marzo, e polo tanto, ademais da aprobación da acta da sesión anterior, que sólo figure o seguinte punto na orde día:
– Negociación dun incremento do CAT/CE que remate nun Acordo para o desenvolvemento da nova oficina xudicial na Administración de Xustiza de Galicia.

👉 Ante a proximidade da data de implantación da fase I dos Tribunais de Instancia, e no caso de non chegar a un Acordo o vindeiro luns, vemos apremiante a convocatoria consecutiva de cantas mesas de negociación sexan necesarias ata chegar a un Acordo,sempre con carácter previo a calquera outra negociación, incluídas as RPT.

COMUNICADO CONXUNTO DOS 7 SINDICATOS DA XUSTIZA GALEGA

 

SPJ-USO 8M – «NIN UN PASO ATRÁS»

NIN UN PASO ATRÁS

«As mulleres non serán iguais fora do fogar mentres os homes non sexan iguais dentro del.» Gloria Steinem (1934), xornalista e escritora estadounidense considerada unha icona feminista da súa época.

Sigue leyendo →