POSTURA DE SPJ-USO COMO SINDICATO MAIORITARIO NA XUSTIZA GALEGA RESPECTO DA FOLGA CONVOCADA NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA A NIVEL NACIONAL POLOS SINDICATOS STAJ, CSIF, CCOO, UTG e CIGA (posteriormente Ciga rectificou a súa postura).
Accede á circular: POSTURA DE SPJ-USO Galicia – FOLGA XUSTIZA
Ante a sucesión de noticias xurdidas nas últimas horas e que están abrumando a todos os compañeir@s e que está a provocar multitude de consultas ós nosos delegad@s en relación coa CONVOCATORIA DE FOLGA XERAL, queremos mostrar públicamente a nosa postura, dado que o concepto de Folga non debe ser “á lixeira”, senón que debe ser fundamentada de maneira clara e concisa, onde os puntos para reivindicar deben quedar ben redactados e comprensibles e adaptados a todos os traballadores que formamos parte da Administración de Xustiza.
Días atrás deuse publicidade ao acordo entre a Administración do Estado e o Comité do Folga dos Lajs polo que no punto SEGUNDO do acordo establécese unha subida económica que queda reflectida exclusivamente na contía do seu complemento ESPECÍFICO. Este complemento específico é o equivalente ao noso complemento autonómico transitorio (CAT). Outro dos puntos acordados no referido acordo é a implantación dun sistema de CARREIRA PROFESIONAL no colectivo dos LAJs, sistema que en Galicia xa está implantado e executándose tralo acordo firmado por SPJ-USO no seu día.
No acordo de GALICIA do 28 de maio de 2018 para as melloras das condicións de traballo do persoal ao servizo da admón. de xustiza en Galicia (acordo da folga) no punto 1 acórdase o incremento do CAT ou complemento específico (Fiscalía e Imelga) POR SER COMPLEMENTOS RETRIBUTIVOS DE DETERMINACIÓN AUTONÓMICA. No devandito punto establécese que tanto o CAT como o CE debe alcanzar como mínimo a media das cantidades percibidas no resto de territorios nos que se desenrola as súas funcións ou persoal de xustiza. Establécese por tanto unha cláusula de revisión para que estes complementos sexan revisados anualmente no 3er trimestre de cada ano co fin de garantir que os traballadores de xustiza de Galicia “manteñan unha posición por encima da media dos ámbitos territoriais (13 en total) con competencia en materia de xustiza”. Isto significa a efectos prácticos que Galicia debe estar por encima de 6º posto, cláusula que se acaba de activar no ano 2022 coas subidas correspondientes.
No acordo de 2018 iniciouse a implantación dun sistema de carreira profesional para os funcionarios de Galicia, que posteriormente se desenvolveu por resolución de 10/6/2020 e 25/9/2020, correspondentes ao grao I e por resolución de 17/11/2022, para o grao II implantándose a carreira profesional, sistema pioneiro e único en toda España, e impulsado por SPJ-USO.
Polas distintas centrais sindicais mediante nota conxunta, está a reclamarse “o incremento retributivo para todo o persoal de xustiza na liña marcada polo acordo dos LAJS”, isto é no complemento específico dos funcionarios dos corpos xerais da administración de xustiza.
Este complemento específico está transferido ás Comunidades autónomas con competencias asumidas nesta materia, polo que dita petición só podería afectar os funcionarios do ámbito NON transferido, tamén coñecido como “ámbito Ministerio”.
A única forma de solicitar un aumento retributivo para todos os funcionarios de todos os territorios sería a través dos complementos comúns: complemento xeral de posto ou xa no soldo base.
Calquera acordo sobre un incremento retributivo no complemento transitorio ou específico que se alcanzase na mesa sectorial do Ministerio de Xustiza, só afectaría precisamente os funcionarios deste ámbito, polo que no caso de Galicia teriamos que negocialo coa DXX.
Con todo, debemos lembrar que temos unha cláusula automática de revisión pola que se eses incrementos nos supoñen unha modificación na media establecida, teriamos que solicitar novamente a modificación do CAT (ou do específico). Aínda no hipotético suposto de que no ámbito do Ministerio conseguisen unha subida de complemento específico que os levase ao primeiro posto (cousa case imposible), a nosa guerra sería sempre coa Xunta.
Aínda no caso de que lograsen un complemento de carreira profesional superior, o noso acordo recolle unha cláusula para garantir que queden subsumidas as cantidades que actualmente se cobran.
En resumo, a priori unha posible mobilización con folga que afectase a todos os territorios sería estéril en Galicia, xa que os obxectivos están xa alcanzados. Non parece moi lóxico empuxar aos compañeiros de Galicia a unha folga para conseguir algo que xa teñen.
En todo caso, entendemos que calquera obxectivo que non sexa un incremento no complemento xeral de posto ou nas retribucións básicas non sería operativo para o noso territorio.
Polo anteriormente exposto, dende SPJ-USO, aínda estando dispostos a mobilizarnos pola ADECUACIÓN SALARIAL como consecuencia do acordo dos LAX, así como pola REGULACIÓN DE FUNCIÓNS DOS DIFERENTES CORPOS, como por un PLAN DE RECUPERACIÓN XUSTO, VOLUNTARIO e RETRIBUÍDO, para tod@s @s compañeir@s deste país, INCLUIDAS AS COMUNIDADES AUTONOMAS TRANSFERIDAS, se non , non tería sentido.
Igualmente SPJ-USO seguirá a loitar pola retirada da LEI DE EFICIENCIA ORGANIZATIVA con tódolos medios ó seu alcance.
SPJ-USO RESPETA O DEREITO Á FOLGA, MAIS SOLICITA SERIEDADE, COHERENCIA, PROPORCIONALIDADE, PROFESIONALIDADE E PARA TEMAS IMPORTANTES: UNIDADE SINDICAL!!!
SPJ-USO: Os teus DEREITOS, o noso TRABALLO!!!




















