Archivo diario: 24/07/2026

IMPORTANTE- ÚLTIMA HORA INTERINOS: PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS BOLSAS PERSOAL INTERINO GALICIA 🗓️ 28/7

IMPORTANTE- ÚLTIMA HORA INTERINOS: PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS BOLSAS PERSOAL INTERINO GALICIA 🗓️ 28/7

 A DXX, a pesar da queixa formal presentada por SPJ-USO, infórmanos que se están a ultimar os traballos para a publicación das listaxes provisionais das bolsas de persoal interino.

 A previsión da Dirección xeral é poder publicar o 🗓️ martes 28 de xullo a partir das 12:00 h.

Manterémosvos puntualmente informados.

▪️ Amplía información: ⤵️

🔗 https://spjusogalicia.com/spj-uso-solicita-aplazamiento-de-la-publicacion-de-las-listas-provisionales-de-las-bolsas-de-personal-interino-al-servicio-de-la-administracion-de-justicia-en-galicia-o-ampliacion-adaptacion-del-perio/

SPJ-USO DENUNCIA A GRAVE SITUACIÓN DOS XULGADOS DE VIGO POLA FALTA DE ASEOS OPERATIVOS

SPJ-USO denuncia a grave situación dos xulgados de Vigo pola falta de aseos operativos

 

Desde o pasado 22 de xullo, os baños destinados ao persoal funcionario entre as plantas 18 e 4 do Tribunal de Instancia de Vigo permanecen totalmente inoperativos por unha avaría grave. Esta situación obriga ao persoal a desprazarse a outras plantas, interrompendo continuamente a súa xornada laboral e soportando esperas para poder utilizar un servizo hixiénico básico.
     SPJ-USO presentou unha queixa formal e denuncia por risco laboral, lembrando que esta situación vulnera a normativa de prevención de riscos laborais e as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.

 Esiximos:

   –   A reparación inmediata da avaría nun prazo máximo de 24 horas.
 – A intervención urxente da Dirección Xeral e do Servizo de Prevención de Riscos para avaliar a situación e adoptar medidas provisionais mentres non se resolva definitivamente.

 De persistir esta situación, SPJ-USO trasladará a denuncia á Inspección de Traballo e Seguridade Social por vulneración grave da normativa en materia de saúde laboral

 SPJ-USO seguirá defendendo unhas condicións de traballo dignas para todo o persoal da Administración de Xustiza

ACCEDE O ESCRITO PRESENTADO  DA DENUNCIA ANTE A DXX E PREVENCIÓN DE RISCOS.

QUEIXA DENUNCIA  XULGADOS VIGO (1)

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo do corpo de auxilio xudicial.

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo do corpo de auxilio xudicial.

O posto que se oferta é Auxilio-Xefatura de equipo Actos de Comunicación no Tribunal de Instancia de Lugo.

Presentación de solicitudes e documentación

As persoas que concursen deberán presentar a súa solicitude utilizando obrigatoriamente o modelo que figura no anexo III desta resolución.

O prazo de presentación será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Xunto coa a solicitude deberase achegar a documentación acreditativa dos requisitos exixidos e mais dos méritos alegados, os cales se deberán relacionar no modelo de solicitude (anexo IV) desta convocatoria.

AMPLIA INFORMACIÓN NO DOG E BOE

DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260724/AnuncioG0759-150726-0003_gl.html

BOE: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2026-16123