SPJ-USO INFORMA. ACORDO DE 23 DE MAIO 2018 NA XUSTIZA GALEGA. UN ANO DE VIDA, UN ANO DE VERDADES….!!! VOTA SPJ-USO

Hai un ano que SPJ USO, como sindicato maioritario na Xustiza Galega e polo tanto, en exercicio de responsabilidade e valentía, deu un paso adiante e asinou o Acordo 23 de Maio de 2018, para a mellora das condicións de traballo dos funcionari@s da Xustiza Galega.

Este acordo foi tachado polos demais sindicatos como “acordo de merda”.

Pero qué argumentos teñen a día de hoxe para seguir sostendo esa apreciación?. Qué achegas fixemos os sindicatos asinantes do Acordo e en especial SPJ-USO?, e, Cáles foron as achegas destoutros sindicatos para mellorar as condicións de traballo de todos vós?.

Iso é o que queremos que coñezades con datos REAIS e OBXECTIVOS.

Queremos que coñezades a repercusión real que supuxo o referido Acordo,  sen “PALABRERÍA BARATA” nin “DISCURSOS DEMAGÓXICOS”.

Acordos que innegablemente nunca se puideran levar a cabo sen o esforzo de todos os compañeir@s que apoiaron a dura folga que nos tocou vivir, nin sen a firma de SPJ-USO.

E que á vista diso, valoredes se o traballo realizado desde o noso sindicato merece a vosa aprobación ou pola contra como din os sindicatos tóxicos asinamos “un acordo de merda”.

ACORDO ECONÓMICO

Pasamos de ter un CAT de 435 € a ter un de 560 € de media neste ano 2019.

Tivemos en menos dun ano un incremento no complemento autonómico transitorio de 133 €/mes forenses; 128 €/mes xestores;  122 €/mes tramitadores; 118€/mes auxilios.

Esta é a subida real producida desde a firma do Acordo, ata o día de hoxe e só no concepto do CAT, sen computar por tanto o resto de complementos e retribucións afectados polas subidas estatais.

E non esquezamos que, a estas subidas do CAT aínda habería que engadirlle a parte correspondente ao ano 2020 que supoñerán unha media de algo mais de 27 € máis de incremento adicional.

Por tanto no ano 2020, haberá un incremento final do CAT por riba de 150€ de media.

LEMBRÁMOSVOS QUE O ACORDO NON ESTÁ PECHADO SENÓN QUE ESTÁ ABERTO A NOVAS ACTUALIZACIÓNS, POLA CLAUSULA DE REVISIÓN AUTOMÁTICA, QUE RECOLLE O PROPIO ACORDO: “ESTES COMPLEMENTOS SERÁN REVISADOS ANUALMENTE NO TERCEIRO TRIMESTRE DE CADA ANO, A EFECTOS DE QUE A MODIFICACIÓN SE INCLÚA NA LEI DE ORZAMENTOS”, garantíndosenos que nunca estaremos por debaixo da media nacional.

É importante ter en conta que:

1.- Os Sindicatos que están criticando esta subida, formaban parte do Comité de Folga e eles mesmos elevaron como última proposta á Xunta para pechar o conflito, a cantidade de 140 euros (19/04/2018), polo que a diferenza que nos separaba coa obtida era mínima.

2.- Con estas contías establecidas, cumpriamos o acordado por mandato parlamentario, é dicir, situar a Galicia por riba da media estatal, E ESTA ERA A REINVINDICACIÓN DE TODO O COMITÉ DE FOLGA, ONDE ESTABAN REPRESENTANTES DE CUT, STAJ, CIG E CSIF, QUEN DECIDIRON VIVIR  NESTES MESES DA CRÍTICA DESTRUTIVA NO CANTO DE ADMITIR A EVIDENCIA DESTE ERRO.

DESCONTOS POR BAIXAS (IT,s)

Como ben sabedes, por motivo do Decreto 169/2013 estabamos a sufrir descontos desproporcionados cando nos atopabamos de baixa. Decreto que por certo, xa no seu momento foi impugnado polo noso sindicato, mediante demanda que nos foi desestimada polo TSJ de Galicia e que como “prostre” supúxonos unhas custas de ao redor de 1000€.

Co Acordo subscrito, co esforzo de tod@s vós, NON SÓ SE CONSEGUÍU A EQUIPARACIÓN POR IT DO NOSO COLECTIVO Ó RESTO DE FUNCIONARI@S OU AUTORIDADES DO AMBITO XUDICIAL TAL E COMO SE PEDIU NA FOLGA, senón que co acordo, as ITs quedaron condicionadas a que calquera modificación que mellorase aos traballadores do Ministerio de Xustiza, sería trasladada de inmediato a todos nós, e así foi, mesmo con carácter retroactivo a data 31 de Julio, sendo a Comunidade Galega o primeiro territorio de España no que non se aplicaron máis descontos por estar de baixa.

DENDE A FIRMA DO ACORDO ENFERMAR É UN DEREITO NA SÚA TOTALIDADE!!!

Entón, Por que se opuxeron CUT, STAJ, CIG e CSIF ao recoñecemento este dereito?.

RETRIBUCIÓNS POR SUBSTITUCIÓNS

Como ben sabedes, nas substitucións só se pagaba a diferenza entre complementos, cobrándose cantidades que non chegaban nin aos 50 € brutos por desempeñar estas substitucións.

Conseguimos, co voso esforzo, que se pagase a diferenza total de salario, pasándose a percibir as seguintes cantidades por substitución:

 – De tramitación a xestión: 262,58 €         – De auxilio a tramitación: 159,59 €

Se as substitucións verticais se empezarían a cobrar na súa totalidade trala firma do acordo, por que os sindicatos NON ASINANTES; CSIF, CUT, STAJ E CIG vos quixéron privar deste dereito?

PRAZAS DE REFORZO E DE AMORTIZACIÓNS DO PLAN DE 2012

Co acordo consolidáronse as 36 prazas de reforzo que solicitabamos na Folga, a pesar da opinión dos sindicatos tóxicos, que dicían que iso era imposible, que vos estabamos enganando.

Foi unha carreira de obstáculos pola escasez de tempo entre a firma do acordo, a súa publicación e a súa posterior remisión para que estas prazas saísen ao Concurso de Traslados 2018, pero a realidade está aí, actualmente xa están ocupadas por funcionarios de carreira, permitindo que compañeir@s destinados fóra de Galicia, hoxe estean na súa casa.

En relación ás prazas de amortización do Plan de modificación dos cadros de persoal aprobados no ano 2012, paralizouse este plan, mesmo se crearon prazas nas Seccións Penais das Audiencias e actualmente estamos a traballar na creación para este mesmo ano de novas prazas en Galicia. En breve haberá un primeiro bloque de creación dunhas 20/25 prazas para 2019.

O noso OBXECTIVO COA CREACIÓN DESTAS PRAZAS SERÁ: Completar Xulgados onde os planteis están limitadas de persoal ou infradotados, principalmente nos Xulgados Mixtos; aumentar os Servizos de Apoio para que dean de inmediato servizo a aqueles órganos que o necesiten; e Fiscalias, tentando conseguir o obxectivo deste Sindicato que é a ratio dun funcionario por Fiscal; así como algunhas Seccións de Audiencias coas que o plan de amortizacións “se cebou”.

ADEMAIS DOS PUNTOS PRINCIPAIS DA FOLGA, NO ACORDO FIRMADO CONSEGUIUSE INCLUIR OS SEGUINTES DEREITOS:

MELLORAS NOS XULGADOS CON COMPETENCIAS DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER

SPJ-USO vén solicitando dende hai anos melloras para os Xulgados de Violencia. A DXX vén prometendo dende finais de 2015 que en canto houbese partida orzamentaria @s traballador@s destinados nestes órganos terían un complemento pola especial dificultade, polo que este Sindicato non podía deixar escapar esta oportunidade, debido a que a ben seguro que os compañeir@s destes xulgados nunca chegasen a cobrar un complemento específico e baixo ningún concepto este reclamo sería motivo doutra folga, tal e como pretendía algún sindicato que non quería que aparecese no acordo nin en pintura.

Coa firma do acordo conseguiuse que se establecese un complemento adicional ao do CAT para estes compañeir@s coas seguintes cantidades:

–       Xulgados de Violencia de Vigo e Coruña: 100 + 20 €/mes/funcionari@.

–       Xulgados de Instrucción de Violencia de Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense  e Pontevedra: 75 + 20 €/mes/funcionari@.

–       Resto de Xulgados con competencias en violencia dos pobos con alomenos 75 dilixencias anuais en materia de violencia:  50 €/mes/funcionari@. (estano a cobrar actualmente Monforte, Viveiro Marín, Redondela, Porriño, Ponteareas, Cangas, Caldas, Cambados, Vilagarcia, ,Betanzos,Carballo, Ribeira)

Conseguiuse igualmente que o dito complemento fose compatible coas prolongacións de xornada nos xulgados de violencia que as seguen a realizar.

AMPLIACIÓN DO PERMISO DE MATERNIDADE E PATERNIDADE

Este dereito tampouco o quixeron os sindicatos non asinantes, dicían que eramos un colectivo maior e que non o necesitabamos… (sobran comentarios)

SPJ-USO considerou e segue considerando que calquera dereito é sempre benvido e ningún compañeir@ pode ser privado diso, aínda que sexa para unha minoría.

Gracias ao acordo, as traballadoras galegas foron as primeiras en gozar do permiso de maternidade de 22 semanas.

Así mesmo o permiso de paternidade está ampliado a 8 semanas para 2019, 12 semanas para o 2020 e 16 semanas para o 2021.

PLANS DE RECUPERACIÓN

Todos, absolutamente todos os órganos xudiciais de Galicia entraron no plan de recuperación, e a gran maioría dos órganos tiveron xa entre 2 e 3 meses de plans, e algúns incluso 4 meses (debemos ter en conta que o plan aínda non rematou)  coa seguinte retribución:

XESTORES: 31,18 €/HORA = 623,60 €/20 HORAS MES

TRAMITADORES: 23,58 €/HORA = 471,60 €/20 HORAS MES

AUXILIOS: 17,72 €/HORA = 354,40 €/20 HORAS MES

Que fixeron CUT, STAJ, CIG ou CSIF nestes meses?………………… NADA, excepto enganarvos e mentirvos continuamente, facendo demagoxia cos Plans, chegando a dicir que non habería máis plans e ao mesmo tempo tiveron a osadia de ir vendendo os plans coma se o mérito fose deles.

CARREIRA PROFESIONAL

Cando se veu a posibilidade de meter este apartado no Acordo, os Sindicatos non asinantes non quixeron facelo, pola contra dixeron que desenvolvela sería unha utopía, pois ben, cada vez a realidade da CARREIRA PROFESIONAL está máis preto de tod@s vós, moi a pesares da desinformación dalgúns sindicatos que oen campanas e non saben onde tocan….

A carreira profesional será un merecido premio por todo o voso esforzo de tres meses de Folga onde se terá en conta a vosa antigüidade e a vosa traxectoria profesional na Administración de Xustiza, SEN TER QUE CAMBIAR O VOSO POSTO DE TRABALLO.

O NOSO OBXECTIVO É QUE GALICIA SEXA A SEGUNDA COMUNIDADE DE ESPAÑA QUE COBRE POR ESTE CONCEPTO, e así será.

Agora é curioso!, como Sindicatos non asinantes queren sacar redito electoralista á carreira profesional e adícanse a ir polos Xulgados informándovos coma se deles dependese o desenvolvemento deste apartado.

———————————————————————————————————————————————-

En definitiva, estes son os argumentos “REAIS” froito de moito traballo diario, para pedirvos que outorguedes a vosa confianza unha vez máis a SPJ-USO.

Así mesmo, animamos aos Sindicatos non asinantes a que recoñezan os seus erros por desinformarvos, por sementar o odio e a crispación entre compañeiros e dicirlles que aínda están a tempo de rectificar, xa que a valentía consiste en recoñecer os nosos erros e que se queren poden adherise ao acordo e a partir de aí corresponderalles falar con coñecemento de causa.

SPJ USO leva un ano traballando e defendendo o acordo asinado por tod@s @s traballador@s da Administración de Xustiza mentres que as promesas anunciadas dende hai un ano por CUT; STAJ e CIG de “coller forzas e volver en setembro, crear unha nova caixa de resistencia, presentar denuncias ante o Valedor do Pobo e Defensor, estudar conxuntamente as opcións de impugnación do acordo…”, quedaron no baúl dos recordos.

En definitiva, levan un ano metidos nun curral onde unicamente se limitaron a cacarear porque a data de hoxe non fixeron absolutamente nada.

Desde SPJ-USO PREGUNTÁMONOS: Qué sentido ten ter sindicatos que non participan na negociación colectiva, por covardía, por discurso populista, que deixan de lado a súa responsabilidade sindical por egos personalistas e políticos, sindicatos que viven en permanente conflito e que non aportan nada?

Como dicía W. Churchill: A verdade é incontrovertible. A malicia pode atacala, a ignorancia pode burlarse dela, pero ao final, A VERDADE ESTÁ “AQUÍ”

POLOS TEUS DEREITOS!!!

VOTA EN POSITIVO!!!

VOTA SPJ-USO!!! 

Los comentarios están cerrados.