
ACCIÓN SOCIAL 2025: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

Os datos que nos proporcionou a DXX son os seguintes:
Asimesmo, a DXX infórmanos de que ao longo do mes de setembro será remitido ó DOG para a súa publicación. Lembrade que dende o día seguinte á súa publicación disporedes de 10 días hábiles para a subsanación de defectos.
A data de pagamento, como todos os anos, será o longo do mes de outubro.
Dende SPJ-USO lamentamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar programas de acción social como son axuda por fillos, por estudios, transporte, etc.
_Para calquer dúbida ou aclaración non dubides en contactar c@s delegad@s sindicais de SPJ-USO._Comentarios desactivados en ACCIÓN SOCIAL 2025: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS
Publicado en ACCIÓN SOCIAL

A DXX ven de remitir convocatoria para a celebración, a través do sistema de videoconferencia, da comisión de acción social, na data e hora que se indica:
Data: 08/09/2025
Hora: 09.30h.
Lugar: mediante videoconferencia.
ORDE DO DÍA:
1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.
2. Listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2025.
ANEXOS:
– Acta da comisión de acción Social do 23.04.2025
Comentarios desactivados en CONVOCADA COMISIÓN DE ACCIÓN SOCIAL 2025 POR VIDEOCONFERENCIA
Publicado en ACCIÓN SOCIAL

Comentarios desactivados en PUBLICADA NO DOG CONVOCATORIA DO FONDO DE ACCIÓN SOCIAL 2025!!
Publicado en ACCIÓN SOCIAL
ACCIÓN SOCIAL 2025
Hoxe 23 de abril de 2025, mantivemos reunión ca Dirección Xeral de Xustiza, na cal se nos presentou o borrador da Acción Social, sendo unha copia calcada o dos de anos anteriores, remontándonos ó ano 2011 !!
Dende SPJ-USO, mostramos o noso rexeitamento ó borrador, INSTANDO A DXX A SÚA RETIRADA e que se recollan e inclúan nun novo as alegacións feitas por este sindicato na reunión de hoxe, como son:
A REPOSICIÓN DOS PROGRAMAS EXISTENTES ANTES DO ANO 2021, É DICIR:
1º AXUDA POR FILLOS
2º AXUDA DE ESTUDOS DE FUNCIONARIOS E FILLOS
3º A INCLUSIÓN DE ENFERMEDADES CRÓNICAS COMO PODEN SER A ENFERMIDADE DE KRON, etc…
4º E POR SUPOSTO MANTENDO O ÚNICO PROGRAMA QUE HAI NA ACTUALIDADE, O DE DISCAPACIDADE.
E todo isto chegando o 1% da masa salarial, e non aportando a ridícula cantidade de 21.911 euros, nun colectivo de máis de 2.500 funcionarios, cando no ano 2011 sobrepasou os 200.000 euros.
Somos das poucas CCAA que seguimos cunha acción social de vergoña cun único programa e coa misma cantidade desde fai mas de 10 anos.
Dende SPJ-USO, seguiremos apostando por asistir a tódalas mesas de negociación en aras de seguir intentando mellorar as condicións de traballo tanto laborais como económicas, e non como fan outros sindicatos ca non presencia dos mesmos nas reunións.
A vista das alegacións presentadas por parte das Organizacións Sindicais, concretarase a data da publicación no doga.
Dende SPJ-USO lamentamos que a Xunta de Galicia manteña un ano mais os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos por tódolos medios ó noso alcance recuperar outros programas de acción social como son fillos, estudios, enfermidade de Kron, etc…..
Igualmente seguiremos loitando pola subida da porcentaxe de masa salarial destinada a este fin.
POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA XA!!!

Comentarios desactivados en ACCIÓN SOCIAL 2025: XUNTANZA COA DXX (23-04-2025)
Publicado en ACCIÓN SOCIAL
CONVOCATORIA DA COMISIÓN DE ACCIÓN SOCIAL 2025 para o 23/4 e solicitude de SPJ-USO
😡😡 SPJ-USO POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA XA‼️
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃
ℹ️➡️ A DXX ven de convocar a comisión de acción social, para o 📆 23.04.2025 e remite o Borrador da resolución da convocatoria e criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2025.
😡😡😡 Dende SPJ-USO solicitamos que, con carácter previo e urxente á reunión convocada se remita un novo borrador restaurando todos os programas existentes en 2010-2011 e recuperar, como mínimo, aquelas cantidades asignadas que ascendían a mais de douscentos mil euros, e presentamos escrito co seguinte contido: ⤵️⤵️
Comentarios desactivados en CONVOCATORIA DA COMISIÓN DE ACCIÓN SOCIAL 2025 para o 23/4 e solicitude de SPJ-USO!!!
Publicado en ACCIÓN SOCIAL