ACCIÓN SOCIAL 2025: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

ACCIÓN SOCIAL 2025: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

 

Hoxe día 5 de setiembre de 2025 mantivemos reunión coa DXX na cal déusenos a coñecer os datos das listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2025.

🔴Os datos que nos proporcionou a DXX son os seguintes:

NÚMERO TOTAL DE SOLICITUDES PRESENTAS: 147,  das cales, 133  son solicitudes simples e 14 dobres.

NÚMERO TOTAL DE BENEFICIARIOS: 161

SOLICITUDES ADMITIDAS PROVISIONALMENTE: 135 que corresponden a 148 beneficiarios. 

SOLICITUDES DENEGADAS: 12 as cales corresponden a 13 beneficiarios.

🔳Asimesmo, a DXX infórmanos de que  ao longo do mes de setembro será remitido ó DOG para a súa publicación. Lembrade que dende o día seguinte á súa publicación disporedes de 10 días hábiles para a subsanación de defectos.

🔳 A data de pagamento, como todos os anos,  será o longo do mes de outubro.

🔳 Dende SPJ-USO lamentamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar programas de acción social como son axuda por fillos, por estudios, transporte, etc.

Igualmente seguiremos loitando pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.

POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!!

▪️ _Para calquer dúbida ou aclaración non dubides en contactar c@s delegad@s sindicais de SPJ-USO._

SPJ-USO: _Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!_ 

        FEITOS, _non palabras!!!_

Comentarios cerrados.