No DOG de hoxe 4/11/2024 publícase a RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2024 para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
🔴 Polo carácter reservado dos datos que figuran na listaxe, as persoas interesadas poden consultala na OPAX co seu certificado dixital ou co usuario e contrasinal.
AS CANTIDADES A PERCIBIR SON:
☑️ Tramo 1 do 33 % ao 64 %: 94,85 €
☑️ Tramo 2 do 65 % ao 74 %: 189,71 €
☑️ Tramo 3 do 75 % en diante: 379,41 €
👉 A DXX prevé proceder ós pagos ó longo do mes de NOVEMBRO.
▪️ Amplía información e accede á resolución: ⤵️⤵️🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241104/AnuncioG0759-251024-0001_gl.html
😡😡 Dende SPJ-USO denunciamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar outros programas de acción social como son fillos, estudios, transporte, etc.
Igualmente SPJ-USO segue manténdose firme na loita pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.
SPJ-USO: FIN ÓS RECORTES NA ACCIÓN SOCIAL XA‼️ POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!!
Publicado en ACCIÓN SOCIAL