CARREIRA PROFESIONAL: INFORMACIÓN OFICIAL IMPORTANTE DA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA QUE DESMINTE CLARAMENTE ALGUNHAS MALINFORMACIÓNS EMITIDAS POLOS SINDICATOS IMPUGNANTES DA CARREIRA!!!
A Xunta consolida o recoñecemento á traxectoria profesional do persoal da Administración de Xustiza en Galicia‼️
Publicado en http://www.xustiza.gal
A Xunta avanza na consolidación do recoñecemento á traxectoria profesional do persoal da Administración de Xustiza de Galicia, presentando antes os sindicatos, unha proposta que mellora de forma significativa o recollido no Acordo vixente do ano 2020. Así mesmo, o documento incorpora ao persoal funcionario interino para todos os corpos -médicos forenses, xestión, tramitación e auxilio xudicial-.
Así se acordou hoxe na mesa sectorial de Xustiza presidida polo director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e na que participaron as organizacións sindicais Sindicato Profesional de Justicia (SPJ-USO), Sindicato de Traballadores da Administración de Xustiza (STAJ), Alternativas na Xustiza (AXG-CUT), Unión General de Trabajadores (UGT), Confederación Intersindcal Galega (CIG) e Comisións Obreiras (CCOO).
….. O avance supón o recoñecemento da progresión na traxectoria profesional, e mellora tanto as anualidades como as porcentaxes dos complementos retributivos, que acadarán o 100% entre os anos 2024 e 2025, en función dos grupos profesionais.
…. Agora as organizacións sindicais contan cun período establecido para facer as achegas e propostas que consideren oportunas….
[Fonte: Xunta de Galicia]
▪️ Amplía información:
https://www.xustiza.gal/novas/-/nova/X73769/xunta-consolida-reconecemento-traxectoria-profesional-persoal-administracion
SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!
FEITOS, non palabras!!!