Atribución competencias novos xulgados

logo_boeNo BOE de hoxe publícanse os acordos do CGPJ, do 15 de outubro de 2008, de atribución aos Xulgados de 1ª Instancia nº 5 de Pontevedra, nº 6 de Ourense e nº 6 de Santiago, de nova creación, do coñecemento, con carácter exclusivo, dos asuntos propios do Dereito de Familia, os relativos á capacidade das persoas e á protección do menor, estando prevista a entrada en funcionamento para o próximo día 30.12.08

Esta atribución de funcións serao con carácter exclusivo, pero non excluínte de calquera outra, habida conta de que o número de asuntos tramitados polos xulgados destes partidos así o xustifica. Estas medidas producirán efectos dende o 30 de decembro de 2008, data en que estes novos xulgados iniciarán a súa actividade efectiva.
Dado que a atribución do coñecemento destas materias son exclusivas, pero non excluíntes, a sala de goberno do TSJ de Galicia deberá adoptar as medidas procedentes para aprobar, no seu caso, as pertinentes normas de repartición entre os xulgados de primeira instancia de Ourense, Santiago e Pontevedra, coa finalidade de evitar posibles desequilibrios e falta de equidade entre as cargas de traballo dos mesmos que poidan dar lugar a disfuncións no correcto funcionamento dos servizos xudiciais.

Los comentarios están cerrados.