ACTIVIDADE DE CAPACITACIÓN DO PERSOAL INTERINO CON MENOS DE 6 MESES DE TRABALLO NOS ÚLTIMOS 5 ANOS QUE SE NOMEEN POLA NOVA BOLSA DE INTERINOS

ACTIVIDADE DE CAPACITACIÓN DO PERSOAL INTERINO CON MENOS DE 6 MESES DE TRABALLO NOS ÚLTIMOS 5 ANOS QUE SE NOMEEN POLA NOVA BOLSA DE INTERINOS

información remitida pola DXX.

 En virtude do establecido no artigo 12 da Orde do 6 de marzo de 2026 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, aqueles/as integrantes das bolsas que non completasen, polo menos, seis meses de servizos efectivos como persoal interino no respectivo corpo dentro dos últimos cinco anos inmediatamente anteriores á data do correspondente nomeamento deberán realizar unha actividade de capacitación en materia de sistemas de información en uso na Administración de Xustiza en Galicia, que concluirá cunha proba cualificada como apto/a ou non apto/a.

 A non realización suporá a exclusión do persoal interino da correspondente bolsa en que estea incluído. A non superación da proba cualificada dará lugar á súa repetición nun único intento adicional. De non superar esta segunda oportunidade, a persoa interina será excluída da correspondente bolsa.

Así, todo o persoal que sexa nomeado ao abeiro da nova bolsa de persoal interino ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia recibirá, trala súa toma de posesión no posto adxudicado, unha comunicación electrónica informativa sobre o acceso aos contidos formativos e a matrícula na actividade de capacitación correspondente ao corpo de nomeamento.

 Esta capacitación diferencia os contidos e a duración segundo o corpo:

Xestión e Tramitación procesual e administrativa. Terá unha duración total de 20 horas e comprenderá o fluxo xeral do expediente xudicial electrónico e os principais sistemas de uso transversal nas oficinas xudiciais, como o sistema de xestión procesual, Visor-EXE, PortaSinaturas, Punto Neutro Xudicial e HIJWEB.

A capacitación abordará tamén a aplicación práctica destes sistemas en cada un dos servizos comúns da oficina xudicial e incluirá unha presentación dos sistemas dixitais nos que se apoia o traballo da Fiscalía, dos rexistros civís e do IMELGA.

Auxilio Xudicial. Terá unha duración de 15 horas e comprenderá o fluxo xeral do expediente xudicial electrónico e as principais funcionalidades dos sistemas de uso transversal nas oficinas xudiciais empregadas por este corpo: sinalamento de actos, publicación en TEXU desde o xestor procesual, xestión de notificacións e exhortos no xestor procesual e no Punto Neutro Xudicial, realización de gravacións e videoconferencias en eFidelius, visualización do expediente en Visor-EXE, etc.
Estas actividades de capacitación dispoñen dunha proba final de avaliación, composta por 20 preguntas tipo test. Se non se supera a primeira vez, se permite un único intento a maiores.

 SPJ-USO: Sempre ben informados.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.