A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA ACABA DE PUBLICAR AS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAL INTERINO DE XUSTIZA. Os chamamentos por esta nova bolsa comenzarán o día seguinte da publicación.
A Dirección Xeral de Xustiza aprobou as bolsas definitivas do persoal interino, convocadas por resolución de 13 de abril de 2026 da DXX, que están seleccionadas por orden de puntuación para cada provincia e Corpo, e están publicadas na páxina Web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, así como na Intranet de Xustiza e na OPAX. Estas listaxes entrarán en vigor o día seguinte ao desta publicación e substituirán ás listas vixentes, que quedarán anuladas nesa mesma data, sen que isto supoña ningún dereito para os integrantes destas.
As listaxes poderán consultarse tamén a través da OPAX, seguindo a ruta «Bolsa de interinos > Listaxes».
Listaxes de persoas admitidas
Corpo auxilio xudicial
Corpo de tramitación procesual e administrativa
Corpo de xestión procesual e administrativa
Listaxes de persoas excluídas
Corpo auxilio xudicial
Corpo de tramitación procesual e administrativa
Corpo de xestión procesual e administrativa
Resolución que aproba as listaxes definitivas da bolsa de interinos: RESOLUCIÓN APROBA LISTAXES DEFINITIVAS BOLSAS DE INTERINOS 2026
Con todo, e de acordo co artigo 10 da Orde do 6 de marzo de 2026, o persoal que á entrada en vigor estea prestando servizos como persoal funcionario interino seguirá desempeñando o posto de traballo ata que proceda o seu cesamento.
Procedemento de CHAMAMENTOS, ACEPTACIÓN DE PRAZAS E NOMEAMENTOS: ⤵️⤵️
Anuncio da oferta de prazas e chamamento de candidatos/as. Os mércores, ata as 🕛13.00 horas, publicarase a relación de prazas autorizadas para a dotación con persoal interino, coa indicación de se se trata dunha praza vacante, de reforzo ou desocupada, así como tamén do motivo da desocupación. Así mesmo, publicarase a relación de persoas preseleccionadas.
A publicación realizarase a través do portal de servizos web OPAX.
As persoas preseleccionadas recibirán un aviso por SMS da publicación da oferta.
A falta deste aviso non escusará o incumprimento da obriga de comunicación e aceptación das prazas a través da OPAX, nos casos en que a súa aceptación sexa obrigatoria.
Aceptación de prazas ofertadas. As persoas incluídas na relación de preseleccionadas disporán dun período, que irá desde a publicación ata as 🕛 14.00 horas do día seguinte hábil, para cumprir coa obriga de comunicar a aceptación de prazas (establecendo entre elas a orde de preferencia no caso de aceptar varias) ou para manifestar expresamente o seu rexeitamento da oferta.
A comunicación de cada participante deberá conter, como mínimo, todas as prazas que sexan da súa zona de preferencia. A aceptación será obrigatoria para a zona de preferencia e soamente será posible modificar a orde de preferencia na elección. De non comunicar a súa participación, e aínda que as prazas sexan cubertas polas outras persoas participantes, entenderase que rexeita a oferta e, polo tanto, será excluído/a da bolsa. Esta comunicación realizarase electronicamente a través da OPAX.
De non se efectuar a comunicación da aceptación antes de que venza o dito período, considerarase que a persoa preseleccionada non acepta ningunha das prazas ofertadas.
Publicación da lista das persoas seleccionadas. Os luns –ou, de non poder ser, o día seguinte hábil–, ata as 🕛 13.00 horas, publicarase a relación de prazas que foron autorizadas para dotación de persoal interino e as persoas que resultaron seleccionadas.
Desde a publicación da lista das persoas seleccionadas, estas disporán dun prazo máximo de tres días hábiles para tomaren posesión.


















