ACORDO XUSTIZA EN GALICIA: REVISIÓN DO COMPLEMENTO RETRIBUTIVO EN MATERIA DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER

A DXX ven de comunicar a activación da cláusula 6.C do acordo asinado por SPJ-USO, UGT e CC.OO. para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia  polo que o persoal funcionario que tivese o seu destino nos centros de traballo con competencias en materia de violencia sobre a muller percibirá un complemento retributivo por obxectivos de carácter mensual.

Como novidade para o ano 2024 incorpóranse ó cobro deste complemento o persoal dos xulgados de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Caldas de Reis  e o de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ordes.

Tamén nos informa que deixa de cumprir este requisito, finalizando a asignación, con data do 31.12.2023 o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Verín. 

Aquí vos deixamos o texto íntegro da devandita comunicación:

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.