ACOPLAMENTO – FASE 3 – SPJ-USO OPONSE FRONTALMENTE E REXEITA A DISCRIMINACIÓN NA SEGUINTE FASE DO PROCESO DE ACOPLAMENTO, A FASE QUE A MAIS TRABALLADORES AFECTA DIRECTAMENTE: A FASE DE CONFIRMACIÓNS NO POSTO!!!

SPJ-USO NON CONSENTIRÁ NINGÚN TIPO DE DISCRIMINACIÓN NA SEGUINTE FASE DO PROCESO DE ACOPLAMENTO, A FASE QUE A MAIS TRABALLADORES AFECTA DIRECTAMENTE: A FASE DE CONFIRMACIÓNS NO POSTO!!!

Tralas correspondentes mesas de negociación onde se acordou o “PROCEDEMENTO PARA O DESENVOLVEMENTO DA REORGANIZACIÓN DE EFECTIVOS DAS OFICINAS DE XUSTIZA, OFICINAS XERAIS DO REXISTRO CIVIL E OFICINAS DE XUSTIZA DO MUNICIPIO DA FASE III”, que foi plasmado no documento remitido ás organizacións sindicais, este sindicato tivo coñecemento, a través doutra organización sindical, que, supostamente, a Dirección Xeral de Xustiza, informou á mesma ter a intención de proceder de maneira diferente ó negociado e acordado, e ó que claramente recolle a normativa aplicable.

Na mesma, trala intención inicial de que os funcionarios que “TRAMITAN E EXECUTAN” (levan os procedementos por números porque así teñen o reparto do traballo nese órgano) pasasen directamente á fase de reordenación de efectivos (sendo claramente discriminados), a solicitude de SPJ-USO acordouse que dado que tanto tramitan como executan, para que non fosen discriminados SE LLES DARÍA A POSIBILIDADE DE QUE PODERÍAN ELEXIR SE CONFIRMARSE NO SERVIZO COMÚN DE TRAMITACIÓN OU NO DE EXECUCIÓN. Pois ben, este sindicato estaba dacordo nesa postura e así se acordou, e a confirmación sería por antiguidade  no posto de tódolos compañeiros en idénticas condicións.

Artigo aplicable: “C. CONFIRMACIÓN NO POSTO

Persoal destinado en cada un dos órganos xudiciais da xurisdición civil, social, contencioso administrativo e penal: Este persoal será confirmado nos postos de traballo da unidade, que preste o servizo, nestes casos, no servizo común de tramitación ou servizo común de execución, nas áreas que no seu caso, correspondan.

A confirmación establecerase segundo as porcentaxes correspondentes á distribución actual, en idéntica proporción. No caso de que este persoal tramite e execute, daráselle a opción de confirmar ou ben no servizo de tramitación ou ben no servizo de execución. Esta opción non contempla a posibilidade de non confirmar. De non optar a unha praza ou a outra, este persoal confirmarase nun servizo ou noutro de maneira proporcional.”

Pois ben, segundo informou este outro sindicato: En primeiro lugar se confirmará ao persoal que só tramita ou que só executa, atendendo as porcentaxes que se establezcan de conformidade con plan de reorganización.”

Para comezar, dende SPJ-USO MOSTRAMOS A NOSA ROTUNDA OPOSICIÓN Á DITO SUPOSTO CRITERIO NON NEGOCIADO E TOTALMENTE ARBITRARIO E INXUSTO, e PRESENTAMOS O CORRESPONDENTE ESCRITO na DXX.

SPJ-USO OPONSE A QUE SE DÉ PREFERENCIA PARA CONFIRMARSE A UNS TRABALLADORES SOBRE OUTROS, polo simple feito de tramitar ou executar sobre os que ó mesmo tempo tramitan e executan.

Se se confirma con preferencia ao persoal que só tramita ou só executa con respecto aos que tramitan e executan, a antigüidade no posto pasa a non ter valor algún, de xeito que persoal con menos antigüidade vai ser confirmado antes que persoal con moita máis antigüidade, que só poderán ser confirmados nos servizos onde queden aínda vacantes ou terán que ir á reordenación, cos perxuizos que eso implica, sendo claramente discriminados por esa DXX

SPJ-USO, tralas xestión correspondentes INFORMA:  

  1. A norma é clara neste punto, e non consentiremos discriminación algunha.
  2. No caso de que a interpretación sexa a de dar preferencia ós funcionarios que tramitan ou executan sobre os que tramitan e executan, SPJ-USO mostra a súa rotunda oposición, tal e como comunicamos á DXX.
  3. Para o caso de que a DXX considere que a interpretación é a falada e acordada nas mesas de negociación, SOLICITAMOS QUE CON CARÁCTER PREVIO Á CONFIRMACIÓN, SE SOLICITE ÓS TRABALLADORES QUE TRAMITAN E EXECUTAN QUE ELIXAN EN  CAL DOS SERVIZOS QUEREN CONFIRMARSE, PARA POSTERIORMENTE, EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS, E TENDO EN CONTA O CRITERIO DE  ANTIGUIDADE NO POSTO, PROCEDER ÁS CONFIRMACIÓNS QUE PROCEDAN.
  4. Fontes da DXX informan que en OUTUBRO convocarán reunións específicas para tratar esta e outras cuestións sobre o proceso. SPJ-USO non sólo informará das mesmas, defenderá os teus dereitos e non consentirá discriminacións, como xa adiantamos á administración.

Accede á CIRCULAR INFORMATIVA FASE DE CONFIRMACIÓN

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.