Archivo mensual: septiembre 2026

INFORMACIÓN SOBRE A IMPLANTACIÓN DE ATENEA EN GALICIA

ℹ️➡️ O Servizo de Modernización da Administración de Xustiza informa a SPJ-USO trala solicitude realizada: 👇

🗓️ No último trimestre deste ano 2026 vaise a levar a cabo o cambio do sistema de xestión procesal en uso na administración de Xustiza en Galicia. Como resultado dun acordo de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Justicia, o actual sistema Minerva será substituido polo sistema Atenea.

⚠️⚠️ En primeiro lugar, vaise abordar a implantación nos tribunais de Instancia de Verín e Bande, polo que se comunicará en breve co persoal afectado para presentar as características do novo sistema, as súas diferenzas respecto a Minerva e o plan detallado de implantación que se levará a cabo entre o 2 e o 9 de outubro, incluídas as actividades de capacitación e de acompañamento previstas.

👉 Tratase da primeira implantación de Atenea en Galicia, polo que a participación de Verín e Bande nesta experiencia piloto será especialmente relevante para extraer aprendizaxes que permitan facilitar as seguintes implantacións de Atenea no resto de Galicia neste ano 2026.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.

DISTRIBUCIÓN DE OPOSITORES POR AULAS –  TRAMITACIÓN TURNO LIBRE PJC/1549/2025 – EXÁMEN EL  3 OCTUBRE!!!

Tramitación Procesal y Administrativa, acceso libre, PJC/1549/2025, de 22 de diciembre (BOE de 30 de diciembre): DISTRIBUCIÓN DE OPOSITORES POR AULAS –  TRAMITACIÓN TURNO LIBRE – EXÁMEN  EL  3 OCTUBRE!!!

Accede a la página del Ministerio de Justicia:

https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/acceso-libre/Tramitaci%C3%B3n-PA-PJC15492025#

AUXILIO XUDICIAL LUGO: PUBLICADA NO BOE E DOGA A RESOLUCIÓN DO CONCURSO ESPECÍFICO

SPJ-USO INFORMAHoxe publícase no DOG e no BOE  a RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión dun posto de traballo do corpo de auxilio xudicial en Lugo.

ÚLTIMA HORA 28/09/2026: RECIBIDA A NÓMINA DE SETEMBRO

Xa está dispoñible no voso corrreo electrónico, así como a través do CIXTEC a nómina deste mes de setembro  2026.

👉 A continuación deixámosvos relación detallada dos conceptos retributivos e as cantidades que deben aparecer reflexadas nas vosas nóminas actualmente ⤵️

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO – 2026 ⤵️

🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/RETRIBUCIONS-CXPA-CTPA-e-CAX-2026.pdf

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS M. FORENSES 2026 ⤵️

🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/RETRIBUCIONS-FORENSES-2026.pdf

🔴 Accede á Orde de confección de nóminas 2026 ⤵️🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/ORDE-CONFECCION-NOMINAS-2026.pdf

▪️ Para calquera dúbida ou aclaración non dubides en contactar cos delegados sindicais de SPJ-USO.

PERSOAL INTERINO: 25/9 – PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DA NOVA BOLSA DE INTERINOS DE GALICIA 2026‼️

A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA ACABA DE PUBLICAR AS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAL INTERINO DE XUSTIZA.

A Dirección Xeral de Xustiza aprobou as bolsas definitivas do persoal interino, convocadas por resolución de 13 de abril de 2026 da DXX, que están seleccionadas por orden de puntuación para cada provincia e Corpo, e están publicadas na páxina Web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, así como na Intranet de Xustiza e na OPAX.

🔗 https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/xustiza/persoal/interinos

Estas listaxes entrarán en vigor o día seguinte ao desta publicación e substituirán ás listas vixentes, que quedarán anuladas nesa mesma data, sen que isto supoña ningún dereito para os integrantes destas.

👉 Con todo, e de acordo co artigo 10 da Orde do 6 de marzo de 2026, o persoal que á entrada en vigor estea prestando servizos como persoal funcionario interino seguirá desempeñando o posto de traballo ata que proceda o seu cesamento.

As listaxes poderán consultarse tamén a través da OPAX, seguindo a ruta «Bolsa de interinos > Listaxes».

Listaxes de persoas admitidas

Corpo auxilio xudicial

Corpo de tramitación procesual e administrativa

Corpo de xestión procesual e administrativa

Listaxes de persoas excluídas

Corpo auxilio xudicial

Corpo de tramitación procesual e administrativa

Corpo de xestión procesual e administrativa

Resolución que aproba as listaxes definitivas da bolsa de interinos: RESOLUCIÓN APROBA LISTAXES DEFINITIVAS BOLSAS DE INTERINOS 2026

Procedemento de CHAMAMENTOS, ACEPTACIÓN DE PRAZAS E NOMEAMENTOS: ⤵️⤵️

🔴Anuncio da oferta de prazas e chamamento de candidatos/as. Os mércores, ata as 🕛13.00 horas, publicarase a relación de prazas autorizadas para a dotación con persoal interino, coa indicación de se se trata dunha praza vacante, de reforzo ou desocupada, así como tamén do motivo da desocupación. Así mesmo, publicarase a relación de persoas preseleccionadas.

A publicación realizarase a través do portal de servizos web OPAX.

As persoas preseleccionadas recibirán un aviso por SMS da publicación da oferta.
A falta deste aviso non escusará o incumprimento da obriga de comunicación e aceptación das prazas a través da OPAX, nos casos en que a súa aceptación sexa obrigatoria.


🔴Aceptación de prazas ofertadas.
As persoas incluídas na relación de preseleccionadas disporán dun período, que irá desde a publicación ata as 🕛 14.00 horas do día seguinte hábil, para cumprir coa obriga de comunicar a aceptación de prazas (establecendo entre elas a orde de preferencia no caso de aceptar varias) ou para manifestar expresamente o seu rexeitamento da oferta.

A comunicación de cada participante deberá conter, como mínimo, todas as prazas que sexan da súa zona de preferencia. A aceptación será obrigatoria para a zona de preferencia e soamente será posible modificar a orde de preferencia na elección. De non comunicar a súa participación, e aínda que as prazas sexan cubertas polas outras persoas participantes, entenderase que rexeita a oferta e, polo tanto, será excluído/a da bolsa. Esta comunicación realizarase electronicamente a través da OPAX.

De non se efectuar a comunicación da aceptación antes de que venza o dito período, considerarase que a persoa preseleccionada non acepta ningunha das prazas ofertadas.


🔴 Publicación da lista das persoas seleccionadas. Os luns –ou, de non poder ser, o día seguinte hábil–, ata as 🕛 13.00 horas, publicarase a relación de prazas que foron autorizadas para dotación de persoal interino e as persoas que resultaron seleccionadas.


🔴 Desde a publicación da lista das persoas seleccionadas, estas disporán dun prazo máximo de tres días hábiles para tomaren posesión.

Para calquera dúbida ou aclaración contacta co teu delegado sindical de SPJ-USO.